Pontón avanza que o BNG pelexará no parlamento pola Ronda Leste, San Fernando e A Tinería

La Voz LUGO / LA VOZ

LUGO

Arroxo, Pontón e Rodil, esta mañá en Lugo
Arroxo, Pontón e Rodil, esta mañá en Lugo Alberto López

A líder do BNG acudiu hoxe a Lugo defendendo que que hai que situar o concello no mapa

09 oct 2020 . Actualizado a las 17:47 h.

A voceira do BNG, Ana Pontón, visitou esta mañá Lugo acompañada da viceportavoz parlamentaria, Olalla Rodil, e do tenente de alcaldesa da cidade, Rubén Arroxo. A líder nacionalista felicitou ao goberno local por ter apostado pola «seguridade e a saúde» neste San Froilán e cargou contra a política da Xunta á hora de atallar o coronavirus. Cualificou como «escandaloso» que continúen os contaxios nas residencias e tildou de improvisación a estratexia autonómica.

En clave lucense, Pontón defendeu que «hai que situar a Lugo no mapa tanto das inversións en infraestruturas como no mapa do futuro e que haxa unha perspectiva de cara onde ten que camiñar esta cidade e cal debe ser a implicación da Xunta».

Pontón adiantou que «nos próximos orzamentos que se están a elaborar por parte da Xunta imos defender que as cuestións que afectan a Lugo teñan a consignación suficiente como para que os proxectos pasendo papel aos feitos», concretando estes en proxectos como a Ronda Leste, o Cuartel de San Fernando ou o Barrio da Tinería. Tamén se lembrou de demandas estatais, como o remate da autovía Lugo-Santiago e a modernización do ferrocarril. «Hai que facer unha fronte común para que tanto a autovía como o tren cheguen a Lugo».