Saias e xustillos narran a historia de Lugo

Unha exposición permite viaxar ao Lugo do 1900 a través das roupas de entón

Traxandaina permite coñecer a historia do traxe galego ata os primeiros anos do 1900
Traxandaina permite coñecer a historia do traxe galego ata os primeiros anos do 1900

lugo / LA VOZ

Neste San Froilán pandémico é posible facer unha viaxe ao pasado. No interior da carpa que ocupa o cantiño Nemesio Cobreros, o obradoiro Traxandaina ten exposta unha mostra de traxe tradicional galego que convida a quen a visita a mergullarse na historia da provincia de Lugo.

Unha decena de maniquíes locen lustrosas vestimentas (algunhas orixinais, outras réplicas) que agochan mil historias de hai un século. O fío que as une é que todos son traxes aldeáns de garda, roupas que aquelas mulleres e homes da provincia de Lugo luciron os domingos ou nas feiras ata principios do século XX, ou mesmo ata 1926, afinando un pouco máis. «Non había un único traxe galego, cada bisbarra tiña pezas diferentes. Non era o mesmo vestir en Lugo, unha provincia máis rural, máis deprimida economicamente, e na que hai alta montaña, que vestir no sur de Pontevedra», conta Tere Astorgano.

As camisas, refaixos de la, refaixos bordados, saias, lensas, xustillos, panos e toquillas que se expoñen no cantiño tentan salvar parte da historia e da memoria colectiva da Galicia rural de hai un século narrando historias. Como as dos mandís, que no canto de ser pezas para poñer sobre as saias, eran empregados para cubrir a cabeza. Había os de traballo, que empregaban tanto homes como mulleres para as tarefas cotiás; e os de bonito, que as lucenses de entón empregaban os domingos para ir á igrexa. Esas pezas, densas e fermosas, estaban rematadas con cintas únicas que agochaban horas e horas de traballo nos teares.

Un refaixo bordado, en cor vermella, e sobre el unha lensa que se define polo zócalo azul
Un refaixo bordado, en cor vermella, e sobre el unha lensa que se define polo zócalo azul

Cando as mulleres acudían á igrexa, facíano con eses mandís caendo sobre o lado esquerdo da cara e, unha vez no interior do templo, pasábano por diante, permitindo que practicamente só se lles visen os ollos. Como se fose un burqa.

Pero as historias que debullan os membros de Traxandaina a quen queira escoitalas van máis alá. Detalles como que o predominio da cor vermella nas saias de entón respondía a que ese tono se podía conseguir cun tinguido natural de xeito sinxelo, ou que a cor azul, por ser a máis custosa resultaba un símbolo de certo podería económico. E, se un se cuestiona por que as cores vivas se reservaban para as pezas interiores, en vez das exteriores, a resposta atópase na monarquía. «Dende Isabel a Católica, a lei limitaba o uso de cores á Corte», explica Tere mentres amosa magníficos refaixos de la cheos de cores alegres.

Un paseo pola provincia

As pezas que Traxandaina expón dentro da cuarta edición do Cultura e Tradición no Camiño narran tamén unha historia de viaxes e peregrinación. «Por onde pasaban os camiños xacobeos os peregrinos aportaban e levaban», conta Tere. De aí que as lensas (mantelos con preciosos zócalos decorados en cor azul, cunha parte marrón e con coseduras a máquina) de Portomarín teñan similitudes coas de Palencia.

As pezas que estes días se expoñen en Nemesio Cobreros sairán o domingo das mozas á rúa vestindo a parte da corporación. Por unhas horas, eses traxes volverán á vida.

«O meu obxectivo era levar Galicia e a nosa cultura polo mundo adiante»

VÍCTOR LÓPEZ / M.C.
David Vilares durante a súa actuación na proba de talentos do certame
David Vilares durante a súa actuación na proba de talentos do certame

David Vilares, que representou a Lugo en Míster International España 2020, gañou a proba de talento cantando en galego e tocando a pandeireta

Esta semana celebrouse en Castellón o mítico certame Míster International España 2020. David Vilares, un mozo de Cadoalla (Becerreá) que acaba de cumprir 24 anos, foi o candidato escollido para representar á provincia de Lugo no concurso. Fíxoo case de casualidade, xa que el non se presentou ás probas, senón que a axencia de modelos coa que traballa chamouno un día e soltoulle: «es Míster Lugo».

David, que estudou Socioloxía na Universidade da Coruña, aceptou participar, xa que viu na gala «o trampolín perfecto» para realzar a súa carreira artística no terreo audiovisual. Resulta que o lucense, ademais de exercer como modelo, leva anos rabuñando o seu oco no mundo da dobraxe e da interpretación. O sentido do humor e a estima que mostra pola súa terra, xunto á súa destreza sobre as táboas, convertéronse agora nos seus grandes aliados.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Saias e xustillos narran a historia de Lugo