Pola súa banda, a vicepresidenta explicou que «a área de Cultura da Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa Asociación de Escritores en Lingua Galega desde hai case trece anos, e precisamente na súa orixe está a organización destes encontros de estudo e análise da literatura tradicional, que se veñen celebrando de forma continuada desde aquela», e agradeceu tamén «a implicación da AELG na actividade cultural, tanto da cidade como do resto da provincia».
Na mesma liña, Antonio Reigosa puxo en valor «as actividades e recursos xerados nos últimos anos arredor da colaboración coa área de Cultura da Deputación, de interese para o país e para colectivos tan importantes como o do ensino».