Suspendidas as segundas Xornadas de Arqueoloxía e Historia dos Ancares

Suso Varela Pérez
suso varela LUGO / LA VOZ

LUGO

Castillo de Doiras, en Cervantes
Castillo de Doiras, en Cervantes OSCAR CELA

Tamén se tivo que aprazar a segunda Ruta dos Tres Castelos

08 oct 2020 . Actualizado a las 13:43 h.

Debido á situación actual (Covid-19), a Anpa do CPI de Cervantes e o Colectivo Patrimonio dos Ancares como organizadores, e a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e os Concellos de Cervantes, Balboa e Veiga de Valcarce como colaboradores, acordaron suspender as segundas Xornadas de Arqueoloxía e Historia dos Ancares previstas para os días 31 de outubro e 1 de novembro. Tamén tiveron que suspender asegundaI Ruta dos Tres Castelos que este ano ía discorrer entre os castelos bercianos de Balboa e Sarracín (Veiga de Valcarce), como continuidade da realizada o ano pasado entre as fortalezas de Doiras e Balboa.

Vía romana XIX

Por outra parte, nos Concellos de Baralla, Becerreá e Cervantes xa están a disposición das persoas interesadas uns tripticos que a solicitude do Colectivo Patrimonio dos Ancares e o CPI de Cervantes editou as Reservas da Biosfera dos Ancares Lucenses e Terras do Miño sobre o itinerario seguido pola vía romana XIX pola comarca. Asociacións da comarca dos Ancares, Castroverde, O Corgo e Lugo estamos a traballar para poñer en valor e divulgar esta importantísima vía de comunicación que dende O Bierzo entraba en Galicia polo Comeal (Cervantes), e que unía as capitais conventuais de Asturica Augusta (Astorga) e Lucus Augusti (Lugo).

Castillo de Balboa, en el Bierzo, ahora en reconstrucción

La ruta para conocer los tres castillos de Os Ancares

Suso Varela

Colectivos sociales y patrimoniales, con el apoyo de los concellos de Cervantes (Lugo), Balboa y Vega de Valcarce (León) acaban de diseñar la denominada «Ruta dos tres castelos», que nace con vocación de ser permanente. El objetivo de la iniciativa, entre turística y en defensa del patrimonio, se trata de unir las fortalezas de Doiras, Balboa y Sarracín.

Para promocionar el recorrido, así como las tres fortalezas, comenzarán este mes con la organización de rutas, que promueven el ANPA del CPI de Cervantes, el Colectivo Patrimonio dos Ancares y el Ayuntamiento de Balboa, con la colaboración del Concello de Cervantes, el Ayuntamiento de Vega de Valcarce, el colectivo juvenil A Cambela, el grupo Val dos Corzos, Centro para o Desenvolvemento dos Ancares y la Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, que depende de la Diputación de Lugo.

Seguir leyendo