A Deputación de Lugo aporta 10.000 euros ao Banco de Alimentos para mercar ovos

la voz LUGO

LUGO

José Tomé con Amadora Núñez, do Banco de Alimentos
José Tomé con Amadora Núñez, do Banco de Alimentos CEDIDA

Os usuarios deste servizo, que desde que comezou a pandemia chegaron a incrementarse nun 50 %, reciben dúas ducias e media de ovos

02 oct 2020 . Actualizado a las 16:54 h.

O presidente da Deputación, José Tomé, e a presidenta do Banco de Alimentos de Lugo, Amadora Núñez, renovaron a colaboración que mantén a institución provincial con esta entidade cunha achega de 10.000 euros. Con esta axuda a Deputación colabora na merca de ovos para repartir entre as 2.000 familias que atende e cubrir así as necesidades alimenticias dos seus usuarios. Coa crise sanitaria provocada pola pandemia, o Banco de Alimentos de Lugo viu incrementado o número de familias usuarias desde o mes de marzo, con picos dun 50 %.

Neste senso, José Tomé incidiu na importancia do traballo conxunto entre as administracións públicas e as entidades privadas durante todo o ano e “especialmente neste novo escenario no que as colaboracións co tecido asociativo na nosa provincia cobran aínda máis importancia. Con esta axuda poñemos o noso gran de area tratando de cubrir as necesidades dos usuarios e usuarias do Banco de Alimentos de Lugo que cada vez que acoden reciben dúas ducias e media de ovos”.