O San Froilán miúdo non faltará este ano

la voz LUGO

LUGO

Maite Ferreiro, edila de Cultura, presentou o San Froilán Miúdo
Maite Ferreiro, edila de Cultura, presentou o San Froilán Miúdo CEDIDA

Haberá doce actividades para os nenos, entre elas Mamá Cabra e María Fumaça, e será necesario retirar entrada previa

29 sep 2020 . Actualizado a las 13:27 h.

A edila de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou as actividades que darán forma ao San Froilán Miúdo deste ano. Ferreiro indicou que «se trata de 12 actividades para achegar a cultura de maneira segura ás máis pequenas e pequenos».

Desta maneira, o aparcadoiro do Seminario converterase novamente nun espazo dedicado ás familias, con espectáculos teatrais, musicais, de monicreques, danza, maxia ou circo para todos os públicos. Maite Ferreiro afirmou que se trata de propostas «de calidade, premiadas e de recoñecemento».

Os protocolos sanitarios serán de obrigado cumprimento nas actividades do San Froilán Miúdo. Para isto, todas as familias deberán retirar entrada previa, cun máximo de tres por persoa, na web municipal ou na Oficina Municipal de Turismo. Cada persoa deberá ocupar a mesma cadeira durante todo o evento e será obrigatorio manter a distancia de seguridade e usar máscara. Unha vez iniciada a actividade non se permitirá o acceso ao recinto e, no caso de abandonalo, a cadeira non poderá ser ocupada por outra persoa.

Actividades

DOMINGO 4: 18.00 horas. «O Cardume», de Xarope Tulú.

LUNS 5: 12.30 horas. «Superhéroe», de Culturactiva.

18.00 horas. «Te veo», de Vaya+B-Side.

MARTES 6: 18.00 horas. «Oyún», de El Fedito.

MÉRCORES 7: 18.00 horas. «As bombas do Xeneral», de Tanxarina.

XOVES 8: 18.00 horas. «Forzu2», de Circo Chosco.

VENRES 9: 18.00 horas. «A nova maxialidade», do Mago Rafa.

SÁBADO 10: 12.30 horas. «+Ritmo», de Trío Detrés.

18.00 horas. «O veleiro verde», de María Fumaça.

DOMINGO 11: 12.30 horas. «Pallaso», de AlbertVinyes.

18.00 horas. «DolceSalato», de Circo Carpa Diem.

LUNS 12: 12.30 horas. «Paxaro amigo, músicas para a paz», de Mamá Cabra.

18.00 horas. «Babo Royal», de Ganso & Cía.