A Semana de Cine de Lugo será de acceso gratuíto

O festival que promove Fonmiñá será do 23 ao 28 de novembro e non haberá sesións infantiles

Semana de Cine de Lugo do ano 2014
Semana de Cine de Lugo do ano 2014

lugo

Fonmiñá segue a traballar na organización da 42 Semana de Cine, que se confía celebrar do 23 ao 28 do próximo mes de novembro. A organización sinalou que as proxeccións da Semana vanse celebrar no Auditorio Gustavo Freire (pazo do festival), Biblioteca Provincial, Salón de actos da Deputación Provincial, Museo Interactivo da Historia de Lugo, Casa do Saber e O Vello Cárcere, axustándose en cada un dos lugares ás limitacións de aforo e demais condicionamentos derivados da especial situación que a pandemia do Coronavirus ten orixinado.

Por decisión da organización, por primeira vez na historia da Semana, todas as sesións ?incluída a sección oficial- van ser gratuítas, e o horario será modificado para que as proxeccións rematen antes das 23.00 horas. Dada a actual situación, non se prevé que na Semana se celebren proxeccións de películas infantís.

         Para as sesións que se celebren na Biblioteca, Salón da Deputación, M.I.H.L., Casa do Saber e O Vello Cárcere, sempre gratuítas, prevese que a entrada sexa libre ata completar o aforo que naquel momento estea permitido. Para as sesións no Auditorio, a finais do próximo outubro abrirase un prazo de reserva das entradas gratuitas, accedendo á sala de proxección coa presentación do documento de identidade.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Semana de Cine de Lugo será de acceso gratuíto