Comezan este sábado as actividades do Arde Lucus Cultural

Visitas guiadas, conferencias e obradoiros da man das 19 asociacións do Arde Lucus e do Concello

No Lucus Cultural haberá visitas guiadas por espazos destacados do Lugo romano
No Lucus Cultural haberá visitas guiadas por espazos destacados do Lugo romano

lugo

A concelleira de Xuventude, Ana González Abelleira, anunciou o inicio do Arde Lvcvs Cvltvral, desde este sábado 19 e ata decembro, con actividades de inspiración romana e castrexa que animarán á cidade ata o inicio da 20 edición de Arde Lvcvs. «Dende o Concello e as asociacións de recreación histórica do municipio traballamos nunha programación que anunciaremos mensualmente, lúdico cultural, aberta e gratuíta, sen esquecer que a primeira premisa debe ser o coidado da saúde dos que queiran participar», destacou a edil. En relación ás actividades deste mes organizadas, a concelleira agradeceu o traballo das 19 asociacións e manifestou: «Debemos reiventarnos por unha cuestión anímica, de insuflar optimismo á veciñanza».

As actividades deste mes son: Sábado 19, coa Guardia Pretoriana, paseo - conferencia «A Muralla de Lucus Augusti dende o punto de vista da arqueoloxía», a cargo do arqueólogo Roberto Bartolomé Abraira. 17.00 horas. Porta de Santiago. 10 persoas. Inscrición en xuventude@lugo.gal

Xoves 24 setembro, Salesiana Luci Augusti. Paseo cultural sostible polo Camiño Primitivo. Miliario Praza de Armañá. 17:00 horas. 10 persoas. Inscrición en xuventude@lugo.gal.

Sábado 26 setembro. Pax Romana Lucus. Concurso de debuxo infantil na rúa. Praza Maior. De 16:30 a 18:30 horas. Actividade aberta. Aforo limitado (non máis dun grupo de 10 persoas xuntas).

Paseos con Paulo Fabio Máximo e Güidox: Sábado, 26 de setembro. Percorrido pola Muralla. Sábado, 10 de outubro. Percorrido pola Ponte Romana e Termas Romanas. Sábado, 17 de outubro. Percorrido polo pasado romano do barrio do Carme. Sábado, 7 de novembro. Percorrido polas ventás arqueolóxicas e Domus do Mitreo. Todas as visitas teñen saída da Praza de Armañá. 17:00 horas. 10 persoas. Inscrición en xuventude@lugo.gal.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Comezan este sábado as actividades do Arde Lucus Cultural