«Facer Camiño», 23 obras de 12 artistas galegos actuais no Museo Provincial de Lugo

la voz LUGO

LUGO

A exposición Facer Camiño estivo antes en Cee
A exposición Facer Camiño estivo antes en Cee Ana Garcia

Ata o 4 de outono poderase ver esta exposición que promove a Real Academia Galega de Belas Artes

22 sep 2020 . Actualizado a las 11:16 h.

A Real Academia Galega de Belas Artes inaugurará este xoves no Museo Provincial de Lugo a exposición artística itinerante «Facer Camiño».

O acto de apertura será ás sete da tarde e está previsto que asistan o presidente da Academia, Manuel Quintana Martelo; o conselleiro de Cultura, Educación e Universidades da Xunta, Román Rodríguez González; o director Xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo Suárez; e a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro.

«Facer Camiño» é unha mostra na que se asocia a arte co Camiño de Santiago. Percorrerá as sete grandes cidades galegas e as vilas de Cee, Tui e Mondoñedo, concellos asociados ao territorio histórico das rutas xacobeas.

A comisaria da exposición e académica da sección de Expertos nas Artes, Asunta Rodríguez, realizou unha selección de 23 pezas de doce artistas que inclúen pinturas, esculturas e fotografías de diversos académicos e artistas galegos.

En concreto, esta exposición acolle obras de Manuel Buciños, Acisclo Manzano, Rafael Úbeda, Manolo Paz, Manuel Quintana Martelo, Din Matamoro, Menchu Lamas, Ignacio Basallo, Xurxo Lobato, Miguel Anxo Prado, Soledad Penalta e Xosé Díaz.

Estes artistas visuais abren os seus mundos e reflexionan desde o proceso creativo cal é o seu modo de facer camiño. A mostra poderase visitar no Museo Provincial de Lugo ata o 4 de outubro.