Representacións teatrais en toda a provincia

A Deputación organiza o ciclo Aparte

A presentación do ciclo tivo lugar na Deputación
A presentación do ciclo tivo lugar na Deputación

LUGO / LA VOZ

Aparte é o nome da programación cultural que se desenvolverá ata fin de ano por toda a provincia, con cen representacións previstas. A iniciativa está organizada pola área de Cultura da Deputación.

A primeira actuación é a de Mircromina Teatro, que en Baralla, o sábado (Praza Maior, 18.15 horas), representará «Cousas de Casa». O domingo, na Pastoriza (Casa da Cultura, 17 horas), Lîlà Teatro representará «Duncan de Palleiro», a mesma obra programada para o domingo en Castro de Rei (Campo da feira, 18 horas). No ciclo actuarán trinta grupos.

A iniciativa xorde como unha forma dos ciclos culturais Buxiganga e Proscenio, que se desenvolveron nos últimos anos, organizados pola Deputación.  

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Representacións teatrais en toda a provincia