Homenaxe a Manuel María no cemiterio de Outeiro de Rei 

X.M.P. VILALBA / LA VOZ

LUGO

Manuel María está enterrado no cemiterio de Outeiro de Rei
Manuel María está enterrado no cemiterio de Outeiro de Rei ALBERTO LÓPEZ

O escritor foi lembrado cunha ofrenda floral

08 sep 2020 . Actualizado a las 21:39 h.

No cemiterio de Outeiro de Rei celebrouse, na tarde deste martes, a homenaxe anual a Manuel María na data da súa morte, hai 16 anos. Houbo unha ofrenda floral, e logo, entrega dunha peza do escultor Valdi ao coordinador de Xermolos, Alfonso Blanco, que se gardará na Casa das Palabras de Guitiriz. A lembranza estivo organizada pola Asociación Cultural Xermolos e pola Irmandade Manuel María. 

Alfonso Blanco, sentado, recibiu unha peza que se gardará na Casa das Palabras de Guitiriz
Alfonso Blanco, sentado, recibiu unha peza que se gardará na Casa das Palabras de Guitiriz ALBERTO LÓPEZ

Este ano, pola pandemia, o programa foi máis reducido. Non houbo xantar de irmandade nin recital poético. Tampouco se fixo o rito da navalla no campo de Santa Isabel, onde unha persoa recibe doutra unha desas pezas. Manuel María era afeccionado a coleccionar navallas.