Lembranza a Manuel María no cemiterio de Outeiro

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS VILALBA / LA VOZ

LUGO

Homenaxe a Manuel María do 2019, con merenda en Santa Isabel
Homenaxe a Manuel María do 2019, con merenda en Santa Isabel Carlos Castro

Unha ofrenda floral servirá de homenaxe nun ano con programa reducido 

03 sep 2020 . Actualizado a las 18:57 h.

Manuel María será lembrado o vindeiro día 8 no cemiterio de Outeiro de Rei, ás cinco da tarde. Coma outros anos, a Asociación Cultural Xermolos e a Irmandade Manuel María organizan o acto. Neste 2020, no que se cumpren 16 anos da morte do poeta, o programa é diferente, pois as restriccións impostas pola pandemia impiden celebrar o xantar de irmandade e a xuntanza no campo de Santa Isabel, onde se cumpría o rito da navalla, con alguén que recibía unha de agasallo. No cemiterio haberá unha ofrenda floral na que o escultor Valdi entregará una peza, que fixo con pedra de Parga e na que se reproduce unha man do poeta ofrecendo unha navalla. A peza gardarase no recanto dedicado a Manuel María na Casa das Palabras de Guitiriz, que xestiona Xermolos.