Lara Méndez supervisa as obras xunto ao novo colexio Sagrado Corazón

la voz LUGO

LUGO

A alcaldesa de Lugo visita as obras de urbanización do colexio Sagrado Corazón
A alcaldesa de Lugo visita as obras de urbanización do colexio Sagrado Corazón CEDIDA

A alcaldesa avanzou que a actuación estará finalizada a vindeira semana

03 sep 2020 . Actualizado a las 13:55 h.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada polo edil de Urbanismo, Miguel Couto, supervisaban esta maña de xoves as obras de urbanización a pé da parcela do novo CEIP do Polígono do Sagrado Corazón, que executa o Concello por un importe de 72.540 euros e que finalizarán nos vindeiros días. 

O Concello xa había posto a disposición da Xunta de Galicia, en xuño de 2016, unha parcela de 10.000 metros cadrados para que a Consellería de Educación puidese comezar a obra «e dotar así á zona sureste da cidade dun novo centro educativo, moi demandado polos veciños e veciñas». 

No caso da urbanización, o Concello tivo que acompasar a actuación á construción do inmoble por parte do Goberno galego. A rexedora avanzou que a execución por parte da administración local podería terminar á vindeira semana, pero «dependerá tamén dos tempos de construción do centro por parte de la Xunta, xa que traballos de maneira coordinada con ela, tal e como así nos solicitou, para que un centro educativo tan importante para o barrio e tan demandado pola veciñaza vexa a luz canto antes». 

A alcaldesa de Lugo visita as obras de urbanización do colexio Sagrado Corazón
A alcaldesa de Lugo visita as obras de urbanización do colexio Sagrado Corazón

Por iso, a alcaldesa de Lugo incidiu na importancia de colaborar entre administracións para sacar adiante proxectos. A Consellería non prevé finalizar as obras ata o mes de outubro polo que o inicio do curso escolar será no colexio vello, pola nosa banda «coordinamonos e consensuamos coa dirección da Consellería a execución das nosas tarefas, axustando os tempos da obra ás necesidades da consellería», explicou Lara Méndez.

 Veciños e membros da APA agradeceron as xestións realizadas dende o Concello e a informarcion dada en todo momento sobre o estado das tarefas.