A iniciativa #CoidemosLugo convoca a súa primeira acción para este venres

la voz LUGO

LUGO

Guido Álvarez e Salva Arco anunciaron a primeira campaña cun vídeo promocional
Guido Álvarez e Salva Arco anunciaron a primeira campaña cun vídeo promocional CEDIDA

Para participar é preciso contactar cos seus promotores, Salva Arco e Guido Álvarez, xa que o número de participantes é limitado

27 ago 2020 . Actualizado a las 16:58 h.

Dúas semanas despois de lanzar a iniciativa #CoidemosLugo,o capitán do C.B. Breogán, Salva Arco, e o guía turístico Guido Álvarez lanzan un vídeo para convocar a primeira acción social do movemento. A data escollida para a súa realización foi este venres, día 28, ás 16.00 horas. Para participar no proxecto, é preciso poñerse en contacto co propio Guido ou escribirlles tanto a el como a Salva por redes sociais, posto que nesta primeira brigada de limpeza só poderán botar unha man 25 persoas.

A idea xorde despois de que, hai uns días, o guía municipal atopase no barrio do Carme un vertedoiro ilegal e algunhas zonas do muro, que son Patrimonio da Humanidade dende 2018, derrubadas. A campaña, á que se sumou o líder do equipo de baloncesto lugués, pretende «corrixir este tipo de desfeitas» e concienciar á veciñanza da necesidade de preservar o patrimonio local. A acción deste venres consistirá en acicalar e adecentar a superficie danada. Dende a organización agradecen o soporte e a colaboración do executivo municipal.