«Será como a festa de todos os anos, pero cambiando de data»

LA VOZ LUGO

LUGO

Imaxe de arquivo da Feira de San Isidro, que este ano se celebra en setembro na Milagrosa
Imaxe de arquivo da Feira de San Isidro, que este ano se celebra en setembro na Milagrosa Carlos Castro

Os comerciantes da Milagrosa celebrarán a súa tradicional Feira de San Isidro os días 18, 19 e 20 de setembro

12 ago 2020 . Actualizado a las 20:42 h.

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais «Distrito da Milagrosa» está organizando a 23ª edición da xa característica feira de produtos do campo e de artesanía, que nunhas circunstancias de normalidade se tería celebrado xa en maio, coincidindo co San Isidro. «Será como a festa de todos os anos, pero cambiando de data», asegura Luis Abel, un dos organizadores, que xa comezou cos preparativos para ter lista a programación a finais de setembro.

O encontro, que conta coa colaboración da Deputación de Lugo e dos Concellos de Lugo e Friol, terá lugar os días 18, 19 e 20 de setembro. Nas rúas da Milagrosa haberá, como todos os anos, actuacións folclóricas e citas gastronómicas.

Como novidade, e para que sexa máis doado gardar as distancias de seguridade, ampliarase o recinto feiral ás rúas Mallorca e Camiño Real, co fin de que os postos manteñan unha separación maior entre si. O programa definitivo sairá á luz os vindeiros días, pero dende a organización adiantan que se manterán as tradicionais festas da rosquilla e do chourizo á parrilla