Arranxan o firme de Campo Castelo

la voz LUGO

LUGO

Colocan novas baldosas máis fortes en Campo Castelo
Colocan novas baldosas máis fortes en Campo Castelo

O Concello de Lugo coloca unhas baldosas máis fortes para soportar o paso de vehículos pesados

11 ago 2020 . Actualizado a las 12:09 h.

O edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou das actuacións que se están  a realizar no último treito da Praza de Campo Castelo. Penas explicou que «debido á natureza das baldosas colocadas até o de agora, prodúcense moitas fisuras na súa superficie ao circular por ela vehículos pesados para o abastecemento dos locais da zona».

O edil do BNG sinalou que «o novo chan consistirá no mesmo tipo de baldosa que se colocou no resto da praza de Campo Castelo», afirmou Alexandre Penas, que engadiu «este tipo de chan soporta unha carga maior, o que evitará estas roturas e mellorará tanto a estética como a mobilidade das veciñas e veciños na contorna».

A Concellería de Infraestruturas realiza esta actuación que, segundo Alexandre Penas, «ademais de mellorar a contorna tamén permitirá reducir esforzos no mantemento que se tiña que realizar nesta zona por parte da Brigada Municipal de Obras para que poidan continuar a traballar nos distintos arranxos de toda a cidade».