Actuacións itinerantes de jazz todos os xoves nas rúas de Lugo

LA VOZ LUGO

LUGO

Maite Ferreiro anuncia a programación de «Dixieland nas rúas»
Maite Ferreiro anuncia a programación de «Dixieland nas rúas» CEDIDA

A área de Cultura aposta no seu programa por cinco bandas de dixieland galegas

04 ago 2020 . Actualizado a las 19:55 h.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou as actividades do programa «Dixieland nas rúas», que pretende iniciar o ciclo de cara á celebración do 30 Festival de Jazz de Lugo. «Apostamos por unha serie de concertos en movemento para cumprir coas medidas sanitarias ao mesmo tempo que enchemos de música as rúas», apuntou Maite Ferreiro.

As actuacións programadas pola área de Cultura percorrerán o casco histórico da cidade cada xoves entre o 6 de agosto e o 10 de setembro, a partir das 20.30 horas. En total serán cinco as bandas participantes na iniciativa, todas elas galegas, entre as que están The Swinning Flamingos Street Band, Musklat Rumblers ou High Society Jazz Band. O feito de que todas teñan raíces galegas é, segundo Maite Ferreiro, unha mostra da «nosa aposta pola cultura galega no momento no que precisa máis apoio pola crise sanitaria».