Respaldo á formación e ao emprego como garantía de integración social

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, visita a empresa de inserción laboral Grupo Dill, especializada en colectivos vulnerables

;
Visita de Francisco Conde a la empresa de inserción laborar Dill en Lugo Visita de Francisco Conde a la empresa de inserción laborar Dill en Lugo

Lugo

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou na visita que desenvolveu á empresa de inserción laboral Grupo Dill, en Lugo, que a formación e o emprego son o camiño para garantir unha integración plena na sociedade das persoas que precisan máis apoio. Conde destacou o traballo do Grupo DILL, con máis de dez anos de experiencia neste ámbito, ao contribuír na inserción de mozos e mozas que buscan unha oportunidade laboral.

O Grupo Dill traballa a favor da inserción sociolaboral de persoas desempregadas que se atopan en risco de exclusión social e de menores usuarios de centros tutelados pola Fundación Dignidade. «Pasiño a pasiño, construíndo un Lugo máis inclusivo» é o lema desta empresa que conta cunha media de inserción laboral do 60%. Os seus traballadores, ademais de contar cunha oportunidade laboral, aprenden un oficio. Entre os labores que desempeñan destacan o mantemento de edificios públicos, servizos de limpeza, o desenvolvemento de proxectos e obras, xardinería, restauración de mobiliario e atrezo para eventos.

O titular de Economía sinalou que falar de inclusión laboral é falar de formación, fortaleza e futuro e subliñou que a Xunta aposta «por facilitar a inserción laboral dos colectivos máis vulnerables para acadar unha Galicia máis igualitaria».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Respaldo á formación e ao emprego como garantía de integración social