Danza e teatro volven a Lugo en outono

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

Ibuprofeno Teatro presenta  Casa O Rei  o 10 de setembro
Ibuprofeno Teatro presenta Casa O Rei o 10 de setembro Ana Garcia

O Concello anunciou novas datas para a programación cultural adiada pola crise do covid-19

18 jul 2020 . Actualizado a las 14:30 h.

Xa hai novas datas para a Mostra de Teatro Clásico e o resto de espectáculos culturais adiados pola crise sanitaria do covid-19. Así o anunciou o tenente de alcalde, Rubén Arroxo, quen explicou que desde a área de Cultura se contactará coas persoas que adquiriran entradas mediante correo electrónico, informándoas das novas datas e do proceso a seguir para solicitar a devolución das mesmas.

Segundo Rubén Arroxo, «as entradas xa adquiridas serán válidas para as novas datas». Ademais, segundo informou o tenente de alcalde, «puxéronse á venda no portal de venda de entradas do Concello de Lugo as entradas aínda dispoñibles para os espectáculos, de xeito que as persoas interesadas poidan asistir».

Explica que a área de Cultura garantirá o cumprimento das medidas ditadas polas autoridades sanitarias para o desenvolvemento destas actividades de maneira segura.

Novas datas da XX Mostra de Teatro Clásico:

· 6 setembro, 20.30h. Todas hieren y una mata, de Ay Teatro.

· 8 setembro, 18.30h. Y los sueños, sueños son, de Tropos Teatro.

· 10 setembro, 20.30h. Casa o Rei, de Ibuprofeno Teatro.

· 13 setembro, 20,30h. Entre bobos anda el juego, de CNTC e Noviembre.

· 15 setembro, 18.30h. Lázaro de Tormes, de Pedras de Cartón.

· 16 setembro, 20.30h. Ricardo III, de Kamikaze producciones.

Novas datas para a programación cultural adiada do 1º semestre:

· 18 outubro, 18.30h. Falar por falar, de Volta e dalle teatro.

· 25 outubro, 18.30h. Celebraré mi muerte, de Joan Fernández.

· 1 novembro, 18.30h. Pínconús, de Pínconús teatro.

· 6 novembro, 20.30h. Leira, de Nova galega de Danza.

· 8 novembro, 18.30h. O mellor dos 4 elementos, de Pepe Vaamonde Grupo.

· 13 novembro, 20.30h. As vacacións máis longas, de Diego M. Buceta.

· 15 novembro, 18.30h. Mai mai, de Baobab Teatro.

· 22 novembro, 18.30h. A furia necesaria, de Aldaolado.

· 29 novembro, 20.30h. Crónicas do Paraíso, de Sarabela Teatro.