Elena Candia: «É clave o enfoque dun turismo seguro e a aposta polos produtos locais»

Olalla Rodil e Patricia Otero poñen o foco das intervencións máis urxentes na Mariña


lugo / la voz

Elena Candia liderou na provincia de Lugo a un Partido Popular que arrasou nas eleccións. Co tempo das urnas superado, agora é hora da xestión. Gañar a batalla do covid, potenciar un turismo seguro e sostible e aproveitar os recursos que ofrece a provincia son os retos que se marca.

-Cales son as prioridades para a provincia de Lugo?

-Todo o que teña que ver co coronavirus. Primeiro repoñernos da parte sanitaria e dos rebrotes, e segundo a posta en marcha do plan de reactivación económica. Por moita previsión que se tente facer, está sendo unha situación tan excepcional que hai que ir traballando de xeito coordinado da man dos sectores máis afectados e ver cales son as súas necesidades. Hai que tentar buscar o consenso e a unión tras unha campaña tan atacante dende o punto de vista do debate político. É hora de buscar consensos e dar solucións.

-Que oportunidades de crecemento económico ve na provincia?

-Creo que é clave o enfoque dun turismo seguro, non masificado, e a aposta polos produtos locais. Nese sentido temos moita calidade, están os sectores primarios e os recursos que ten a provincia, con moito patrimonio natural e material, arquitectónico. Tamén son clave os sectores estratéxicos, que demostraron agora ademais que son máis necesarios ca nunca, aínda que eu sempre o tiven claro. Temos que conseguir potenciar os produtos locais, os que están ao lado da casa, cos mellores profesionais, que ao mellor non teñen moita cantidade pero si calidade. Ben vemos que as crises ou nos matan ou nos fan máis fortes, e este é o momento de tentar saír reforzados. O sector primario e ese turismo non masificado poden ser dous elementos importantes, igual có forestal.

-Cal será a primeira proposta que farán en clave lucense no novo Parlamento?

-Estou moi expectante por ese plan de reactivación económica que o presidente puxo en marcha cun equipo técnico. E expectante tamén por eses proxectos tractores, xa que algúns deles poden ter unha boa vinculación coa nosa provincia. E quero seguir traballando e aproveitando o que xa fixen cando tiña outras responsabilidades, como a lei de rehabilitación para os cascos históricos. Tamén estou moi expectante co reto demográfico, que foi un dos últimos documentos que aprobou o Parlamento. É o momento de plasmar o que dixemos en campaña, e vai cunha absoluta coherencia co que a poboación amosou que quere.

Patricia Otero
Patricia Otero

Patricia Otero: «A miña primeira iniciativa vai ser un plan de reconstrución da Mariña»

Patricia Otero, secretaria do PSOE lucense, foi a número un da lista provincial ao Parlamento.

-Cales son as prioridades para a provincia de Lugo?

-Unha aposta decidida para atallar o despoboamento do noso rural. É fundamental unha aposta decidida polo I+D+i no sector agrícola, no gandeiro e na pesca. A pandemia puxo máis en evidencia, se cabe, a necesidade dun plan de dixitalización no rural. Precísase tamén un plan de industrialización. A Xunta ten que exercer as competencias exclusivas nesta materia. Hai que mellorar os nosos servizos públicos, e reverter os recortes que sufriron a educación e a sanidade. Hai que recuperar as áreas sanitarias da Mariña e Monforte, reabrir os centros de saúde pechados, dotalos de profesionais, e que se creen prazas públicas en residencias de maiores.

-Que oportunidades de crecemento económico ve na provincia?

-É preciso potenciar o turismo, tanto interior como de costa. Rematar aquí o ciclo de produción de produtos agrarios, lácteos, pesqueiros... É urxente un plan industrial. É fundamental que a nosa provincia conte con boas infraestruturas. Son precisas e urxentes as obras da VAC Costa Norte ou o desdobramento do corredor Nadela-Sarria, entre outras.

-Cal será a primeira proposta que farán en clave lucense no novo Parlamento?

-Son precisos compromisos firmes de tódalas Administracións para salvar A Mariña. A miña primeira iniciativa vai ser un plan de reconstrución para A Mariña.

Olalla Rodil
Olalla Rodil

Olalla Rodil: «O urxente agora é salvar A Mariña cunha intervención pública»

Logo de exercer de vicevoceira parlamentaria na anterior lexislatura, Olalla Rodil afronta un novo mandato coas prioridades claras.

-Cales son as prioridades para a provincia de Lugo?

-Diría tres. A primeira, é urxente enfrontar a crise do covid-19, non só en termos sanitarios, senón tamén sociais e económicos. É prioritario un grande acordo de país para enfrontar unha crise económica sen precedentes, e temos a man tendida para traballar nesa dirección. En segundo lugar, a intervención pública da fábrica de aluminio en San Cibrao. É urxente que a Xunta e o Goberno español interveñan a factoría para garantir o mantemento dos postos de traballo e a produción de aluminio primario no noso país, porque é un sector estratéxico. En terceiro lugar, blindar os servizos públicos, especialmente a sanidade e a educación. Non pode ser que pechen centros de saúde como o de Parga ou que a comunidade educativa non saiba como vai ser o inicio do curso escolar.

-Que oportunidades de crecemento económico ve na provincia?

-Ademais do caso de Alcoa, para o BNG é fundamental apostar polos sectores produtivos e tamén pola I+D+i. En canto ao sector agrogandeiro e forestal, é urxente apostar polo peche de ciclos produtivos. A respecto da investigación e innovación, en Lugo contamos co Campus Terra como un importante motor. Hai que incrementar o investimento público para garantir condicións de traballo dignas do persoal investigador e a retención e captación de talento.

-Cal será a primeira proposta que farán en clave lucense no novo Parlamento?

-O urxente é salvar A Mariña e a produción de aluminio en San Cibrao a través dunha intervención pública da Xunta e do Goberno español. O tempo corre, e o 30 % do PIB da provincia depende da nacionalización da fábrica.

Así son los 14 parlamentarios que defenderán Lugo

lorena garcía calvo

En O Hórreo habrá catorce lucenses que trabajarán por los intereses de la provincia

El Pazo de O Hórreo espera a sus nuevos inquilinos. Entre ellos estarán 14 lucenses que representarán los intereses de la provincia en el Parlamento autonómico. Muchos repiten y para algunos será su primera experiencia. Algunos de los populares están llamados a desempeñar cargos en la nueva organización de la Xunta, por lo que podrían dejar sitio a otros compañeros. En todo caso, todos comparten su defensa de la provincia, desde diferentes planteamientos.

Una líder con experiencia en la gestión local

PP. Elena Candia nació en Mondoñedo en el 78 y es licenciada en Dereito por la Universidade da Coruña y doctoranda en el estudio de entes locales. Fue hasta ahora alcaldesa de Mondoñedo y durante tres meses presidenta de la Diputación de Lugo, donde ejerció como portavoz de su partido. Desde el 2016 preside a los populares lucenses y es miembro de la comisión de igualdad de la Federación Española de Municipios y Provincias. Desde el año 2005 fue la responsable de la oficina de Maphre en Mondoñedo.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Elena Candia: «É clave o enfoque dun turismo seguro e a aposta polos produtos locais»