Rubén Arroxo: «Estamos moi agradecidos con todos os que confiaron no noso traballo»

O BNG cuadriplica en Lugo os resultados obtidos en 2016

Rubén Arroxo valora de forma positiva os resultados do BNG na cidade de Lugo
Rubén Arroxo valora de forma positiva os resultados do BNG na cidade de Lugo

LUGO

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, valorou de forma moi positiva a cantidade de apoios obtida polo BNG na cidade amurallada. «Temos que ter en conta que pasamos de 3.000 votos no 2016 a máis de 10.000 durante o día de onte», quixo destacar o nacionalista, cuxa formación conseguiu triplicar o número de apoios. 

Arroxo mostrouse «moi agradecido con todas as persoas que confiaron no traballo serio e riguroso que tratamos de facer sempre dende o BNG» e recoñeceu que, a pesar dos bos resultados, a sensación é un tanto agridoce. «Non conseguimos derrotar a maioría absoluta do PP e non vai ser posible un cambio político liderado polo BNG que nos permita situar o noso país no centro de todos os obxectivos», concluía o concelleiro. 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
22 votos
Comentarios

Rubén Arroxo: «Estamos moi agradecidos con todos os que confiaron no noso traballo»