O PP pide que se autoricen «de inmediato» as axudas do Plan Reanima tras catro meses

Os populares critican que a alcaldesa, Lara Méndez, non asinara aínda o decreto que desbloquea a partida

Antonio Ameijide e Ramón Carballo, nun pleno do Concello de Lugo
Antonio Ameijide e Ramón Carballo, nun pleno do Concello de Lugo

Lugo

O grupo municipal do PP lamenta que a alcaldesa, Lara Méndez, anunciara o mércores que comezaban a abonar as axudas concedidas dentro do Plan Reanima, mentres que o pagamento destas axudas segue sen autorización.

«Desde mediados de marzo Lara Méndez está a prometer unhas axudas que ningún lucense recibiu aínda e todo é debido ao deixamento dunha alcaldesa que non se merecen os lucenses», explicaron os populares.  

Para os concelleiros do grupo municipal do PP, Lara Méndez ten que autorizar de inmediato o pago destas axudas e deixar atrás «a hipocrisía, o mal gusto e deixar de xogar co pan dos lucenses» xa que son moitos os que durante moitas semanas non puideron traballar polo que viviron unha notable redución dos seus ingresos, polo que calquera axuda é imprescindible.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O PP pide que se autoricen «de inmediato» as axudas do Plan Reanima tras catro meses