Ana Pontón en Lugo: «Son os galegos os que van confinar ao PP na oposición»

A candidata agradeceu «ás mulleres precarias»  o traballo durante a pandemia e asegurou que terán o seu recoñecemento

Ana Pontón participou nun mitin en Lugo este sábado pola mañá
Ana Pontón participou nun mitin en Lugo este sábado pola mañá

Lugo / La Voz

A candidata do Bloque Nacionalista Galego (BNG) á presidencia da Xunta de Galicia, Ana Pontón, celebrou este sábado pola mañá un mitin na praza Maior de Lugo no que precisou que ver a explanada ateigada de xente «é unha gran noticia para Galiza, pero pésima para Feijoo». Asegurou que son os galegos os que van confirnar o PP á opisición e pediulle aos votantes indecisos que confíen na formación nacionalista cando vaian a votar o domingo que vén.

Pontón tivo tamén palabras de lembranza, polas 619 vítimas do covid-19, e destacou que ela non vai optar polos minutos de silencio e si por unha sanidade púbrica de calidade. Mostrou tamén recoñecemento ás persoas que estiveron en primeira liña durante á pandemia, «maiormente mulleres precarias, ás que amosaremos o noso recoñecemento». Amosou tamén verbas de ánimo para as persoas que sofren o brote de coronavirus en A Mariña. «Onde está o protocolo para estes rebrotes?», preguntoulle a candidata a Feijoo. 

Ana Pontón falou tamén de Alcoa e asegurou que de obter unha vitoria nas urnas nacionalizará a planta e unha tarifa eléctrica que permita protexer os postos de traballo. «O primeiro que faremos será chamar a Pedro Sánchez para dicirlle que a Xunta tamén vai participar na intervención». Non se esqueceu ela do mundo rural, e do interior da provincia de Lugo, no que ela tamén naceu posto que é natural de Chorente, en Sarria. Ademais, tamén avanzou que o tenente de alcalde Rubén Arroxo será «o próximo alcalde de Lugo».

Rubén Arroxo: «O venres veu o demo a Lugo»

No mitin participou tamén o nacionalista Rubén Arroxo, que comparou a Vox co «demo» e condeou que viñera a «insultar a Castelao, porque terían que nacer moitas veces para poder nomealo». Arroxo pediu o voto para o BNG asegurando que, de gañar os nacionalistas, tomarán decisións «sen ter que pedir permiso a Madrid». Arroxo tivo tamén verbas para falar do dereito á información de calidade e fixo referencia a «un tempo novo» que está por chegar.

No acto falou tamén o candidato número 2 do BNG, Daniel Castro, que apelou á mocidade como forza motora nestas eleccións autonómicas. «Isto suporá o fin de Feijoo e permitirá que a xente nova poida traballar na súa terra». Lembrouse tamén da sua comarca, A Mariña, e precisou que está «a piques de estoupar». «Fainos falla unha muller que lidere o cambio dende a esquerda e o feminismo», engadiu.

A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, asegurou que na Praza Maior se percibiu un ambiente de ilusión e confianza e fixo fincapé nunha oportunidade «de transformar o conformismo nun golpe da mesa». Tamén fixo referencia e amosou o seu orgullo por «unha Galiza antifascista».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
108 votos
Comentarios

Ana Pontón en Lugo: «Son os galegos os que van confinar ao PP na oposición»