A Xunta oferta 72 prazas en seis campos de voluntariado na provincia de Lugo

Van dirixidas a persoas entre 18 e 30 anos, que poden inscribirse xa no programa, con catro novos campos 

Aljibe del castro de Viladonga hallado en 2018
Aljibe del castro de Viladonga hallado en 2018

Lugo

A Xunta oferta 72 prazas en seis campos de voluntariado que se desenvolverán na provincia de Lugo dentro da campaña O verán que necesitas. Van dirixidos a persoas de entre 18 e 30 anos e catro deles póñense en marcha por primeira vez este ano.

O prazo de inscrición xa está aberto e nesta edición hai tres novidades principais: os campos serán de ámbito autonómico con prazas só para mozos e mozas de Galicia; a convivencia será dun máximo de 12 persoas participantes, máis o equipo técnico; e as actividades desenvolveranse baixo as medidas de prevención e seguridade ditadas polas autoridades sanitarias.

Catro novos campos

Na provincia de Lugo, os novos campos que se organizan son Castro de Viladonga (Castro de Rei); Alejandrina Álvarez (Ribas de Sil) e dous denominados Os Campos do Camiño, un deles en Palas de Rei e outro en Triacastela. Ademais, Quiroga acollerá a iniciativa Castro de Pena Dominga e A Pobra do Brollón o campo Castro e Romería de San Lourenzo.

O prazo desta convocatoria pecharase 3 días antes do inicio de cada campo. As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por orde de recepción das solicitudes. A solicitude presentarase mediante un formulario en liña que está dispoñible na páxina web xuventude.xunta.es. A cota de inscrición para todos os campos é de 110 euros; con desconto dun 25% por carné xove, familia numerosa ou monoparental.

Hace 45 años, el castro de Viladonga ya mostraba su valor arqueológico

XOSÉ MARÍA PALACIOS

El Gobierno autorizaba la expropiación de terrenos para trabajos en el recinto

El castro de Viladonga, situado en el municipio de Castro de Rei, es sin duda uno de los yacimientos destacados de Galicia. No deja de ofrecer sorpresas a los investigadores, como se vio en años pasados con la aparición de un gran aljibe o de restos de construcciones anteriores a la ocupación romana. Sin embargo, uno de sus rasgos destacados es también la ya larga historia de sus excavaciones, puesto que en la década de los setenta el arqueólogo Manuel Chamoso Lamas realizó varias campañas.

Chamoso Lamas (1909-1985) no solo emprendió aquellas iniciativas en Viladonga, sino que también, por ejemplo, llevó a cabo excavaciones en la catedral de Santiago. Por otro lado, ocupó cargos como la presidencia de la Real Academia Gallega de Bellas Artes o la dirección del Museo de las Peregrinaciones, situado en Santiago.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Xunta oferta 72 prazas en seis campos de voluntariado na provincia de Lugo