Educación abre o prazo para a inscrición nos comedores escolares

Amplían como novedade o servizo de madrugadores a todos os centros

O edil de Eduación, Felipe Rivas, nunha visita ao CEIP Luis Pimentel
O edil de Eduación, Felipe Rivas, nunha visita ao CEIP Luis Pimentel

Lugo/La Voz

O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou a apertura do prazo de inscrición nos comedores escolares entre o 15 de xuño e o 31 de xullo. Segundo Felipe Rivas, «este ano, como novidade, ampliamos o servizo de madrugadores e madrugadoras a todos os centros».

O edil de Educación informou de que «se están a realizar protocolos de actuación seguindo as últimas indicacións das autoridades sanitarias, que serán dinámicos e estarán sempre acorde ás últimas indicacións emitidas».

Conciliación

Rivas indicou que «debido á redución de aforo, realizarase un baremo para outorgar as prazas tendo en conta como criterio principal as posibilidades de conciliación das familias». Segundo o edil, «as familias que non accedan a unha praza na primeira adxudicación, manteranse en lista de agarda para un posible aumento de aforo no caso de que o permitan as autoridades sanitarias».

Felipe Rivas informou que «os prezos seguirán sendo os mesmos que no último curso escolar, e para solicitar unha praza deberá cubrirse a solicitude que se atopa na páxina web do concello, e entregalo mediante o rexistro telemático ou de maneira presencial, solicitando cita previa no 010».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Educación abre o prazo para a inscrición nos comedores escolares