Candorka Trío, en concerto en liña o xoves 18

Candorka Trío
Candorka Trío

La Voz / Lugo

Xoves 18 • 20.30 horas • https://apontestudio.com/candorka/ • 8 euros • 

Os lucenses Candorka Trío ofrecerán o seu primeiro concerto en liña despois dun obrigado parón, o próximo xoves, día 18. O grupo, formado por Brais Monxardín, Vadim Yukhnevich e Miguel Anxo López, constitúe un proxecto que toma como eixo definitorio a «música de raíz e a vontade de expresala desde a experimentación e o inconformismo».

O seu primeiro traballo foi Fonsagrada, «froito da complementariedade e das inquedanzas de tres músicos que souberon conxugar o repertorio gaitístico e vocal da comarca da Fonsagrada con sonoridades que proceden do jazz europeo, o rock ou a vertente clásica».

Candorka Trío son uns dos tres finalistas (xunto a Caldo e Susana Seivane) dos VII Premios Martín Códax da Música, na categoría de música folk.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Candorka Trío, en concerto en liña o xoves 18