A alcaldesa díxolle ao exalcalde que «o Lugo de hoxe leva o seu selo»
04 jun 2020 . Actualizado a las 19:39 h.A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu esta maña a Tomás Notario Vacas na casa do Concello. Notario Vacas, foi un dos alcaldes lucenses da etapa democrática que no pasado mes de novembro foi homenaxeado, coa Medalla de Ouro do Concello de Lugo.
«A Medalla de Ouro de Lugo é a máxima distinción que o Concello outorga aos seus cidadáns, e recae en persoas que teñen atribuídos méritos verdadeiramente extraordinarios coma fixo vostede. O Lugo de hoxe leva o seu selo», destacou a rexedora dirixíndose ao alcalde.
Pola súa banda, Notario Vacas agradeceu de novo o recoñecemento e o tempo que a alcaldesa lle dedicou.