Melodías populares con Raiceira

Laura López LA VOZ / LUGO

LUGO

Continúa a programación As Letras na Rede, con actuacións en directo

21 may 2020 . Actualizado a las 12:01 h.

Venres 22 • 19.00 horas • Redes sociais e canle de YouTube da Vicepresidencia da Deputación de Lugo • 

Continúa ata o día 27 a programación cultural As Letras na Rede, da Vicepresidencia da Deputación. Trátase de actuacións musicais e escénicas en liña para todos os públicos. O venres á tarde estará o dúo Raiceira, formado polas lucenses Sabela Vázquez e Carmen López, que interpretarán melodías populares extraídas da tradición oral galega.

En canto ao sábado, Davide Salvado presentará un anaco do seu último espectáculo, Amarelo, onde reinterpreta cancións tradicionais galegas e doutras partes do mundo, con textos de Manolo Cortés, dende a óptica contemporánea que caracterizan as súas propostas.