Un mural en Lugo para lembrar a Carvalho Calero

Os artistas de Otro Prisma elaboran unha gran peza no barrio de Fingoi, vencellado ao autor galego

Mural de homenaxe a Carvalho Calero en Fingoi, Lugo
Mural de homenaxe a Carvalho Calero en Fingoi, Lugo

lugo / la voz

Os artistas do grupo Otro Prisma, Adrián e Diego As, puxéronse mans á obra e ao longo deste sábado prepararon un gran mural de homenaxe a Ricardo Carvalho Calero aproveitando o peche da Praza Roxa de Fingoi, o barrio no que o autor a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas estivo máis vinculado na cidade de Lugo. Ademais das letras grandes do autor galego e da data festiva, hai varias frases alusivas da súa obra, como «Esperamos contra toda esperanza» ou «O galego para viver, debe sobreviver».

O traballo dos artistas gráficos foi centro de atención dos veciños, dos conductores e peatóns que pasaban pola zona e tamén foi moi comentado nas redes sociais. Carvahlo Calero foi director do Colexio Fingoi, a referencia e unha illa na educación en Galicia durante os anos máis duros do franquismo. No colexio onde non se ensinaba con libro senón con experiencias, os alumnos facían obras de teatro que o propio Calero lles escribía.

Otro Prisma deixa de novo na cidade a súa pegada cunha obra na que se rende homenaxe a destacados autores lucenses, galegos e universais.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

Un mural en Lugo para lembrar a Carvalho Calero