Festa da Xuventude «en pantuflas» con música en directo

Laura López LA VOZ / LUGO

LUGO

O DJ lugués Marcos Peón actuará o sábado 16

05 may 2020 . Actualizado a las 12:06 h.

Sábado 16 • 22.00 horas • En directo no Facebook do Concello de Lugo • 

O Concello de Lugo anima á mocidade lucense a participar na Festa da Xuventude, «en pantuflas», é dicir, desde a casa, pero mantendo a música en directo. Diso encargarase o DJ lugués e produtor musical Marcos Peón, con máis de vinte anos de experiencia e que compartiu cabina con destacados DJ do panorama electrónico mundial. 

«Nesta ocasión, ante a imposibilidade de realizar actos a pé de rúa pola pandemia do coronavirus, decantámonos polo formato dixital, ao que está xa moi afeita a mocidade», comentou a edil de Xuventude, Ana G. Abelleira.

A esta alternativa hai que sumarlle outras dúas que a Casa da Xuventude puxo en marcha nas súas redes socias. Por unha banda, unha galería de fotos de receitas de almorzos, xantares, ceas ou postres. E, por outra, un reto virtual semanal, #Canto,ImitoEParodioNaCuarentena, en facebook.com/xuventudeLugo.