«Tapas de cultura» sobre o patrimonio lucense

Chegan novas actividades do Museal, que organiza a Rede Museística Provincial


Lugo

A Rede Museística da Deputación continúa sumando iniciativas ao programa Museal: a vacina que inmuniza, para facer máis levadeiro o confinamento e divulgar os contidos dos museos. Ccomezaron, coordinadas por Encarna Lago, as «Tapas de cultura», que consisten en pequenos relatorios de curta duración sobre o patrimonio cultural lucense, pero facendo especial incidencia na súa relación cos fondos do Museo Provincial de Lugo, museo integrado na Rede Museística da Deputación de Lugo. Os primeiros, a cargo de Fernando Arribas, teñen lugar ás 19.00 horas. O luns 27 tratarán sobre o cine en Lugo entre 1887 e 1929, o martes 28, sobre os cruceiros urbanos de Lugo, e o día 2, sobre as fábricas de Sargadelos ata 1908. Esta nova actividade pode seguirse no enlace https://us02web.zoom.us/j/89089334546.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

«Tapas de cultura» sobre o patrimonio lucense