Que treman as troitas

Lucía Rodríguez Peña LUGO / LA VOZ

LUGO

Alejandro Pérez Trebolle
Alejandro Pérez Trebolle CEDIDA

Afeccionados, deportistas e empresarios prepáranse para unha desescalada que poda significar o inicio da tempada, aprazada pola pandemia

21 abr 2020 . Actualizado a las 16:28 h.

«Debo de ter moscas preparadas para pescar eu e máis os meus compañeiros os próximos dez anos», di Manolo Mouzo, presidente da Federación Galega de Pesca desde un faiado da Costa da Morte no que a súa cabeza non para de imaxinalo no río. Afeccionados, deportistas e empresarios se preparan nas súas casas porque confían en reatoparse coas troitas ao final do verán, despois de que o estado de alarma se declarara xusto antes de comezar a tempada en marzo. Pero dende a Federación piden prudencia e solidariedade co resto da cidadanía.

Mouzo fala con agarimo dunha actividade que polas súas características -a práctica individual e no medio da natureza- non parece estar exposta a un risco de contaxio, algo que alimenta os desexos de moitos de volver ao río canto antes. O presidente dos federados advirte, sen embargo, que haberá que esperar. «A nosa prioridade como afeccionados é volver ao río, pero temos que pensar nas persoas que nos rodean, cas que convivimos. En canto se dean as medidas necesarios se permitirá practicar esa actividade, pero aínda non estamos nese escenario», precisa.

Entre o desexo e a cautela tamén se move Alejandro Pérez Trebolle, dobre campión de España. Por unha banda, cre que como a tempada de pesca sen morte -a que el practica- se estende ata setembro quizá aínda hai marxe para lanzar a cana. «Es un deporte al aire libre, te puedes encontrar gente, pero como esto es un problema global... No es solo la salud de cada uno, sino que hay que preocuparse por el resto, no podemos ser egoístas en una situación así porque cualquiera de tu familia podría caer enfermo», reflexiona.

Con máis resignación se expresa María, unha lucense de 70 anos que comparte co seu marido esta afección desde hai xa medio século. «Es un deporte que vas solo. Nosotros vivimos al lado del río Miño y no podemos ir, pero no estás en contacto con otra gente», xustifica. Ademais, cre que o parón desta actividade repercute nas economías das zonas rurais ás que se desprazan os pescadores, que ao seu xuízo exercen «o verdadeiro turismo rural». María pensa que a pandemia «es una ruína» para negocios como os que xestiona o seu fillo e a súa nora, dedicado aos produtos para a caza e a pesca e inmerso nunha inversión para unha tempada que non chegou nin a abrir.

Efecto rebote

Pero este tempo de suspensión, que moitos aproveitan para poñer o material ao día coa confianza de que cedo poderán volver ao río, serve tamén como acicate para pequenos negocios. Lonxe de experimentar perdas, as ventas de Javier Rodríguez subiron un 80% nas últimas dúas semanas. Dende a súa casa en Ombreiro dedícase á venta de material de montaxe de moscas por internet e redes sociais. Ese incremento lévao a pensar que a xente «tiene la esperanza de que se abra» a tempada. «Esto es un vicio y necesitamos como el comer ese contacto con la naturaleza», explica Javier.

Pese a ser consciente e compartir esas ganas de darlle uso a tanta mosca preparada, o presidente da Federación de Pesca insiste na necesidade de solidarizarse cos que tampouco poden saír e ademais encaran unha situación moi difícil. «Aqueles que teñamos a única preocupación de saír de pesca podemos considerarnos privilexiados, porque a que se nos ven encima é moi grande», razoa.