O berro das distribuidoras para que as vinculen á hostalería

LUGO

Eloy Cristo, de la distribuidora que trabaja en Sarria desde 1950
Eloy Cristo, de la distribuidora que trabaja en Sarria desde 1950 CEDIDA

Unha trintena de empresas da provincia recorda que o 95% da súa labor non está relacionada ca alimentación, cuxa consideración de «esencial» lles limita o acceso a axudas

20 abr 2020 . Actualizado a las 20:07 h.

As empresas distribuidoras da provincia de Lugo aseguran que o 95% da súa labor se desenvolve coa hostalería e non coa industria da alimentación, que ao ser considerada esencial lles limita o acceso as axudas. Unha trintena de negocios de diferente volume esixen nun comunicado que se teña en conta a súa vinculación coa hostalería, de xeito que podan solicitar as axudas específicas nas que o Goberno traballa para paliar o parón ligado ao turismo, cuxa reactivación estuda aprazar a finais de ano.

«Estamos considerados como unha empresa de alimentación porque distribuímos bebidas, tabaco e tamén alimentos, pero se nos aplican o ERTE como se fosemos unha empresa de alimentación, cando o estado de alarma termine volveriamos a ter que traballar con toda a plantilla cando o 95% do noso negocio depende da hostalería, que está pechada», explica Eloy Cristo, segunda xeración na distribuidora de Sarria que traballa dende 1950 e das máis grandes da provincia, con 24 empregados na actualidade.

Cun tamaño moito máis pequeno atópanse Lucía Eira e asúa irmá, a terceira xeración que xestiona a distribuidora de Meira cuxo ERTE ven de ser aprobado. Pese a esa garantía, Eira apunta ás mesmas incertezas: «Non sabemos canto tempo vamos estar así, cando se empecen a abrir os comercios, os bares e restaurantes van ser os últimos en abrir e con moitas restriccións, e nós aínda non sabemos onde nos meten, si en hostalaría ou en comercio».

Para Cristo a «máxima prioridade sería poder acceder a un ERTE progresivo», de maneira que as empresas puideran incorporar ao persoal que teñen agora contratado a medida que o negocio da hostalería vaia demandándolles traballo. No caso de Eloy, concedéronlle esa regulación de emprego en plena Semana Santa, un mes despois de solicitala, pero advirte de que algunhas das empresas do seu mesmo sector non contan a día de hoxe cun ERTE aprobado, precisamente porque as vinculan coa alimentación.

A distribuidora Anduriña non está entre elas e o seu ERTE foi aprobado «dende o minuto un», como recorda, Francisco Javier Yáñez Anduriña, que conta xa trinta anos neste negocio na zona da Mariña, entre Ribadeo e Burela. El apostaría por unha «paralización» de todos os gastos que agora se multiplican e que teñen que ver con impostos, os seguros dos coches, a contribución, o pago a provedores...

Axudas específicas

O feito de que metan ás distribuidoras no saco da hostalería non só os beneficiaría neste momento, sinala Eloy Cristo, se non tamén no escenario da desescalada coa que xa traballa o Goberno. «Se o noso negocio está totalmente pechado, queremos que nos consideren do mesmo ramo da hostalería e do turismo, xa que polo que vemos están a estudiar axudas específicas para ese sector», apunta.

As expectativas de cara os próximos seis meses son «catastróficas», ao seu xuízo, porque os gastos se multiplican: «Temos flotas de vehículos, pagamos os seguros, naves bastantes grandes, impostos, seguimos pagando lixo, electricidade...». A iso se lle xunta ademais que as distribuidoras funcionen, como sinala Cristo, como «as financeiras básicas da hostalería». Iso significa que a inversión que viñan de facer para a tempada de Semana Santa e do Camiño de Santiago se acumula agora nos seus almacéns.

Isabel Lozano, sumiller al frente del negocio Vinissi
Isabel Lozano, sumiller al frente del negocio Vinissi

Contra a crise, formación

Isabel Lozano é a propietaria de Vinissi, un espazo no barrio da Tinería no que se conxugan múltiples actividades arredor do viño. Despois de sete anos ten claro que se achega unha etapa de cambio para a que xa se prepara. «Estoy intensificando mucho mi labor con formaciones. Esta semana empezamos una formación para todos los empleados del restaurante Los Cachivaches, también he dado un curso en la UNED. Son los pasos que estoy dando para asumir el cambio en el mercado», explica esta sumiller.

«No tengo los problemas de las grandes distribuidoras, pero tengo otros distintos por ser un negocio más pequeño», apunta Lozano. No seu caso, son so dous empregados e o negocio atópase nestes momentos cun ERTE aprobado. Do mesmo xeito que outros compañeiros de sector sinala que o gran problema co que contan é a confusión que leva a incluílos nun sector co que non se identifica a meirande parte da súa facturación. «Nuestro handicap es que se caiga la hostelería y que no se nos reconozca a los distribuidores como parte de ese sector, que es de los más perjudicados», conclúe.