A Deputación de Lugo pecha os seus museos e nas residencias de maiores só poderá entrar un familiar por usuario

Establece medidas de control para os seus traballadores e priorizará a atención ao público a través de sistemas telemáticos

Una excursión antes de entrar en el Museo Provincial
Una excursión antes de entrar en el Museo Provincial

lugo

A Deputación de Lugo, tras a reunión do Comité de Seguridade e Saúde da institución celebrado a primeira hora da mañá deste xoves, activou un protocolo de actuación que reforza as medidas de carácter preventivo e temporal para combater o coronavirus que xa foran adoptadas pola entidade dende a semana pasada. Ademais, creou unha comisión permanente -conformada polo Comité de Seguridade e Saúde e por representantes da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa-, que se reunirá todos os días para actualizalo, modificalo e amplialo en función da evolución da situación.

Dende principios desta semana, dende o Servizo de Prevención da Deputación establecérons pautas de prevención nos diferentes edificios provinciais. Todo o cadro de persoal ten para o seu uso, nos recibidores, dispensadores de solución hidroalcólica para facer unha antisepsia de mans. Ademais, facilitouse información de como facer un axeitado e completo lavado de mans para previr contaxios.

As medidas que contempla o protocolo para a protección dos traballadores da Deputación aprobadas na reunión do Comité de Seguridade e Saúde celebrado hoxe son as seguintes:

1. A limpeza das instalación dos diferentes centros da Deputación deberá extremarse, con limpeza de pasamáns e pomos das portas, controlando que exista xabón e papel de mans en tódolos centros e facendo un seguimento periódico diario.

2. Atención ao público: priorizarase a atención electrónica e telemática. Para o caso da atención presencial estableceranse se fose necesario as quendas imprescindibles para garantir a prestación do servizo.

3. Minimizaranse na medida do posible as reunións de traballo, reducíndose ao mínimo imprescindible o número de persoas asistentes e priorizándose e fomentándose a videoconferencia.

4. Evitar todas aquelas viaxes de traballo que non sexan imprescindibles para a normal prestación dos servizos esenciais.

5. Pospoñer as actividades formativas de carácter presencial, utilizándose medios telemáticos cando esta alternativa resulte posible.

6. Suspéndese o sistema de fichaxe nos centros de traballo con carácter temporal e excepcional, ata que as autoridades competentes en materia de saúde determinen o contrario.

7. No caso de producirse o peche de centros educativos e comunitarios aprazaranse as actividades que non sexan estritamente necesarias e actos de concorrencia pública nos diferentes centros da Deputación.

8. Adoptaranse as medidas pertinentes para poder instaurar modalidades non presenciais de traballo a todos o niveis, sempre que sexa posible, establecendo as prioridades cada Servizo, co obxectivo de garantir o adecuado funcionamento da entidade e a prestación dos servizos públicos.

9. Todas estas medidas serán susceptibles de modificación e ampliación en función da evolución da situación existente, que se abordará diariamente polo Comité de Seguridade e Saúde.

10. Crease unha comisión permanente, cos membros do Comité de Seguridade e Saúde e os presidente da Xunta de Persoal e Comité de Empresa, que se reunirá todos os días ás 14:00 nos locais do Servizo de Prevención.

Centros de Atención a Maiores

A Deputación decidiu elaborar unha Guía de Actuación para aplicar nos Centros de Atención a Maiores provinciais -Trabada, Pol, Ribadeo e A Fonsagrada- en consonancia coas recomendacións a nivel estatal e autonómico co obxectivo de velar pola saúde e  seguridade dos usuarios e usuarias. Ademais, pegáronse carteis nas instalacións con información de servizo ao respecto.

Esta Guía recolle consellos e pautas que inciden na importancia de protexerse e protexer aos demais fronte á enfermidade. Nela, explícase que se limitan as visitas a só unha persoa por usuario ao día tal e como recolle o protocolo a seguir da Xunta de Galicia, detállase como e cando lavar as mans, e explícase a suspensión de actividades grupais nas que participe poboación do exterior, entre outras medidas.

Peche de instalacións e suspensión de actividades

O Goberno Provincial decidiu pechar ao público, a partir de mañá, venres, as instalacións da Rede Museística Provincial, que inclúe o Museo Provincial de Lugo, o Museo Provincial do Mar de San Cibrao, o Pazo de Tor e o Museo Fortaleza San Paio de Narla. Tamén se pechará o Pazo dos Deportes e o Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), incluíndo o espazo expositivo da Capela de Santa María. Taméns e pecha o centro de formación audiovisual, a antiga escola de imaxe e son.

Pola súa banda, decidíronse suspender eventos e actividades co fin de evitar situacións de risco de contaxio. Queda suspendido o Faladoiro Feminista previsto para este venres pola tarde no Auditorio do Vello Cárcere de Lugo, no que ía intervir a xurista especializada en dereito de xénero Marta Busquets; as actividades de educación ambiental das Reservas da Biosfera previstas para esta fin de semana, as actividades do programa Movémonos da área de Deportes, e o concerto de Xoana enmarcado dentro do programa o Mes de Rosalía que se ía celebrar o sábado pola tarde no Pazo de San Marcos.

Ademais, quedan aprazadas as actividades que se ían desenvolver no salón de Actos do Pazo de San Marcos a partir de mañá. A Deputación poñerase en contacto coas asociacións e colectivos que tiñan reservado o espazo para informarlles desta medida.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Deputación de Lugo pecha os seus museos e nas residencias de maiores só poderá entrar un familiar por usuario