O HULA, centro de referencia na humanización da asistencia ao nacemento e á lactancia

María Guntín
María Guntín LUGO / LA VOZ

LUGO

O centro hospitalario recibe recoñecemento internacional polas prácticas que protexen, promoven e apoian a lactancia materna e a saúde materno-infantil

03 mar 2020 . Actualizado a las 20:14 h.

O HULA recibe o diploma acreditativo pola humanización da asistencia ao nacemento e á lactancia. A Iniciativa para la Humanización de la Asistencia al nacimiento y la Lactancia (IHAN) conta co respaldo de UNICEF e da Organización Mundial da Saúde (OMS). A proposta trata de animar aos hospitais e aos servizos de maternidade a adoptar prácticas que protexan, promovan e apoien a lactancia materna exclusiva desde o nacemento, así como a protección e apoio á saúde materno-infantil a través da promoción e protección da humanización da asitencia ao nacemento.

O HULA recibiu de mans da presidenta da IHAN, Carmen Pallás, o diploma acreditativo da fase 1D de implantación deste programa. Con esta distinción recoñécese que o HULA cumpre cos requisitos para a acreditación do programa, que forma parte do proxecto internacional OMS-UNICEF Baby Friendly Hospital Iniciative.

O diploma foi recollido pola Directora de Procesos de Enfermería da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, María Jesús Pérez Taboada, e pola supervisora da Unidade de Obstetricia do HULA, Lucía Vázquez Cancela, en representación de todos os profesionais do hospital implicados nesta iniciativa de humanización do parto e do nacemento e de promoción da lactancia materna.