O día grande do Entroido chega con desfiles e concursos

LUGO

oscar cela

25 feb 2020 . Actualizado a las 08:35 h.

O día grande destas festas, o martes de Entroido, chega cargado de desfiles e concursos de disfraces por toda a provincia. Tamén haberá música, espectáculos e degustación de produtos tradicionais de Entroido. Estes son algúns dos actos programados para hoxe.

LUGO

12.30H. Espectáculo itinerante de rúa para público familiar «Le petit circ». Da Praza San Marcos á Praza Maior.

13.00H. Recinto histórico. Grupo de música tradicional Raíces do Campo.

17.00H. Gran Concurso de Disfraces, de adultos. Os participantes concentraranse na Praza da Soidade (en caso de chuvia, soportais do Mercado Municipal) media hora antes do desfile, que presidirá a charanga Paradela. Por Antón Fraguas, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, Raíña e Praza Maior. Inscricións ata o luns 24.

Premios individuais: 500€, 300€, 200€ e 3 premios de 50€. Premios por parellas: 600€, 400€, 300€ e 5 premios de 100€. Premios por comparsas: 1.100€, 800€, 600€ e 7 premios de 200€

17.00H. Círculo das Artes. Festa infantil de Entroido, co Show MagiAlucina

19.00H. Recinto histórico. Charanga Paradela.

VILALBA

17.00H. Desfile desde a estación de autobuses

GUITIRIZ

17.00H. Desfile de Entroido desde Ponteveiga ao polideportivo municipal (18.00). Premios para os mellores disfraces

RÁBADE

17.00H. Concurso e desfile de disfraces, amenizado polo grupo Pekados. Ao remate haberá degustación de postres típicos do Entroido

PORTOMARÍN

17.30H. Praza Condes de Fenosa. Concurso de disfraces e regalos

MONTERROSO

17.00H. Desfile de disfraces desde a Praza Antonio Rojo Losada

MUIMENTA

11.00H. Feira Antiga de Entroido, sesión vermú e sesión de tarde amenizada por Carlos o Acordeonista

14.00H. Cocido de Entroido. Sorteo de agasallos para os asistentes

16.45H. Os Velocípedos de Fanoches Baj. Queima do Entroido, pintacaras infantil....

Haberá carpa con calefacción

TRIACASTELA

16.00-19.00H. Festa na Fonte do Lunar

POL

17.00H. Local social de Leña Verde. Desfile e regalos, seguido de actuación de Teatro Marionetas Trécola

A partir das 18.30H. Ruta ao son dos cantos de taberna de Mosteiro, Andión e Luaces, cos grupos Leña Verde e Airiños da Freba

MURAS

17.00-23.00H. Local social ANPA de Muras. Festa con Puzzle Animación. Xogos, concurso de karaoke infantil e adultos e discoteca móbil. Tamén haberá premios, merenda e sorteo de agasallos

CASTRO DE REI

16.30H. En Val de Francos. Chegada do antroido ao campo da festa, a cargo do grupo de gaitas Os Valuros. Ás 17.00, sermón, sentencia e queima do antroido; e ás 17.30, baile a cargo do Grupo Beatriz, de Asturias. Ás 18.30, sorteo de cestas con produtos de entroido, e ás 19.00, grupo Beatriz e premios para os mellores disfraces. Ao longo da tarde haberá degustación de postres de entroido

CHANTADA

16.00H. Entroido Ribeirao en Santiago de Arriba. Ao remate, Choro do Pucho, para dar paso a unha merenda con torriscos, chourizos e castañas