A Plataforma Feminista de Lugo proxecta mañá unha película en Palimoco Teatro

María Guntín
M. Guntín LUGO / LA VOZ

LUGO

Cedida

Con motivo do día de San Valentín, a entidade tamén repartirá polos institutos bandeiras con debuxos do amor romántico

13 feb 2020 . Actualizado a las 11:05 h.

A Plataforma Feminista de Lugo proxecta mañá a película 500 días juntos, ás sete e media da tarde no local de Palimoco Teatro. Con motivo do día de San Valentín, tamén repartirán polos institutos da provincia e en colaboración coa Federación Provincial de Anpas de Lugo unhas bandeiras con debuxos para que os adolescentes teñan claro cales son os mitos do amor romántico.