Máis de trinta actividades porán en marcha o Entroido lucense

As festas na cidade contarán con música, desfiles, teatro, charlas e moita animación de rúa entre o martes 18 e o mércores 26


Lugo

O Concello de Lugo presentou o programa de actividades para este Entroido, que contará con máis de trinta proposta entre os días 18 e 26. Haberá música, desfiles, teatro, carreiras, charlas e moita animación de rúa. A programación é a seguinte:

Martes 18

16.30H. Charla da Asociación de Amigos do Entroido Ribeirao «Coñece o Entroido Ribeirao», na Tradescola

18.00H. Desde a Tradescola á praza Maior, Folión de Entroido, con integrantes do Entroido Ribeirao.

Xoves 20

20.00H. Charla?coloquio con Germán Barreiro González, «Pepe Barreiro e o Entroido», no Vello Cárcere.

Venres 21

9.00-14.00H. Mercado Tradicional de Entroido no Mercado e Praza de Abastos, coa murga Os Virtuosos do Tinto.

20.00H. Casa do Concello. Pregón de Alberte Cabarcos.

20.30H. Campo Castelo, San Pedro, praza Mártires de Carral, rúa do Progreso, San Marcos, Ruanova, Praza do Campo, rinconada do Miño e resto do recinto histórico, charangas Tambukada e Ars Nova.

20.45H. Fondo Praza Maior. «Quérete», da Compañía de Teatro Down Lugo e Cía.

Sábado 22

10.00-14.00H. Degustación de produtos tradicionais de Entroido no Mercado e Praza de Abastos, coa murga Os Virtuosos do Tinto.

10.00-20.00H. Carreira de tronos, escape room exterior. Inscricións no 010. Os menores deberán ir acompañados dun adulto. Premio á mellor caracterización de grupo. Festa de remate o domingo ás 20.00 na Praza de Abastos.

12.30H. Espectáculo itinerante de rúa para público familiar «Hakuna Matata», da Praza San Marcos á Maior.

13.00H. Polo Mercado Municipal, praza da Soidade, Ruanova, rúa Tinería, do Miño, Praza do Campo e Ruanova. Murga Os Virtuosos do Tinto.

13.00H. Fondo da praza Maior, «Eu non quero máis que unha man, unha man ferida se é posible», do grupo Palimocos e Cía.

17.00H. Gran Concurso de Disfraces (infantil). Os participantes concentraranse na Praza da Soidade media hora antes do desfile, que presidirá a charanga VK Pinta. Discorrerá polas rúas Antón Fraguas, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, Raíña e Praza Maior. Inscricións no Concello ata o día 21.

Premios individuais: 2 vales por importe de 100€, 2 vales de 75€ e 2 vales de 50€. Premios por parellas: 2 vales de 150€, 2 vales de 120€ e 2 vales de 90€. Premios por comparsas: 2 vales de 225€, 2 vales de 175€ e 2 vales de 140€. Os vales cubren os seguintes agasallos: un por lote de libros e un lote para actividades de ocio e tempo libre.

Durante a deliberación do xurado haberá un espectáculo de clown e malabares para toda a familia, «Isla Le Triska».

20.00H. Ronda das Fontiñas. Charanga VK Pinta.

20.30H. Fondo da praza Maior, «Uns pican e outros non», coa comparsa do grupo Achádego Teatro .

Polas rúas do centro, charanga Terra Chá.

No Campo Castelo, San Pedro e praza Mártires de Carral, charanga Unión Phenosa.

23.00H. Praza da Soidade, música, sesión DJ con DUB MONO HIFI SOUNDSYSTEM & HELENOISE OUTTA UDOG.

Domingo 23

13.00 H. Recinto histórico. Grupo tradicional Caivanca.

No barrio da Ponte, grupo tradicional Son de Lugh.

20.30H. Recinto histórico. Charanga Amigos de Manolo.

Luns 24

9.00-14.00H. Mercado Tradicional de Entroido no Mercado e Praza de Abastos, coaa charanga Os Virtuosos do Tinto.

13.00H. Recinto histórico. Grupo tradicional Cántigas e Frores.

18.30H. Campo Castelo, «O Entroido Pícaro», co grupo Os Pinchacarneiros.

19.00H. Festa de disfraces na Praza de Abastos, con DJ FETÉN e moitas sorpresas.

19.30H. Praza da Milagrosa, a Piringalla, Viana do Castelo, zona da Medusa-Garabolos. Charanga Os Jalácticos.

20.30H. Recinto histórico. Charanga Louband.

Augas Férreas. Charanga Clave de Sol.

Campo Castelo, San Pedro e Praza Mártires de Carral. Charanga Viño Branco.

Fondo da Praza do Campo. «Gatsby Remake 2020», co grupo Nostrum Cai.

23.00H. Praza da Soidade. DJ con Galician Army.

Martes 25

12.30H. Espectáculo itinerante de rúa para público familiar «Le petit circ». Da Praza San Marcos á Praza Maior.

13.00H. Recinto histórico. Grupo de música tradicional Raíces do Campo.

17.00H. Gran Concurso de Disfraces, de adultos. Os participantes concentraranse na Praza da Soidade (en caso de chuvia, soportais do Mercado Municipal) media hora antes do desfile, que presidirá a charanga Paradela. Por Antón Fraguas, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, Raíña e Praza Maior. Inscricións ata o luns 24.

Premios individuais: 500€, 300€, 200€ e 3 premios de 50€. Premios por parellas: 600€, 400€, 300€ e 5 premios de 100€. Premios por comparsas: 1.100€, 800€, 600€ e 7 premios de 200€

19.00H. Recinto histórico. Charanga Paradela.

Mércores 26

19.00H. Quiosco da música da Praza Maior. Velorio da Sardiña, a cargo da asociación cultural Pepe Barreiro. Están convitados todos os que queiran acompañar á familia no Velorio e poden deixar constancia da súa pena no libro de firmas.

19.30H. Procesión da Santa Compaña. Pola Praza Maior, cantando misereres en latín e achegarase ao Velorio para apoderarse da ánima da sardiña.

20.00H. Enterro da Sardiña. Organizado pola asociación cultural Pepe Barreiro. Saída do cadaleito do quiosco da música para se incorporar á Procesión no Círculo das Artes e percorrer diferentes rúas, con paradas na praza do Campo e da Soidade, ata rematar na Praza Maior, onde se lerán os ferretes.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Máis de trinta actividades porán en marcha o Entroido lucense