Comeza o ciclo Músicas a carón da Mosqueira

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

CEDIDA

O cuarteto Óscar Esplá actúa hoxe na Casa do Saber

09 feb 2020 . Actualizado a las 20:00 h.

Luns día 10 • 20.00 horas • Entrada libre ata completar aforo • Casa do Saber • O Cuarteto Óscar Esplá de Asisa, formación artística feminina creada en 2006 na Escola Superior de Música Reina Sofía e integrada por Patricia Cordero, violín; Raquel Areal, violín; Raquel de Benito, viola, e Montserrat Egea, violonchelo, abrirá este luns, a partir das 20.00 horas, o ciclo de cámara Músicas a carón da Mosqueira, programado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello e Deputación. Esta formación recibiu de mans da Raíña dona Sofía o diploma de cuarteto de cordas máis sobresaínte. A entrada é gratuíta ata completa o aforo da Casa do Saber da USC.