A biblioteca do Vello Cárcere abre ao público con fondos para todas as idades

Organizará tres obradoiros de lectura nos vindeiros meses


lugo / la voz

A biblioteca do Vello Cárcere acaba de ser aberta ao público. Así o informou a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, que detallou que inclúe libros que versan sobre memoria histórica, banda deseñada, feminismo e patriotismo cultural, ademais de clásicos da literatura xuvenil e infantil. A intención é seguir incrementando o número de volumes dispoñibles.

A biblioteca estará aberta todos os días en horario de mañá e tarde, e organizará iniciativas para o fomento da lectura. Cultura xa programou tres clubs de lectura para diferentes públicos, que terán lugar os sábados de 12 a 13 horas e que serán gratuítos.

«Os ratiños da biblioteca» está pensado para nenos de 8 a 10 anos e celebrarase os días 15 de febreiro, 7 e 28 de marzo, 2 e 23 de maio, 13 de xuño, 4 e 25 de xullo e 15 de agosto. Baixo o título «O feminismo: tres séculos de historia» abordaranse para un público adulto distintas obras en clave feminista. Serán os días 22 de febreiro, 14 de marzo, 18 de abril, 9 e 30 de maio, 20 de xuño, 11 de xullo e 1 e 22 de agosto. «A memoria histórica a través da banda deseñada» terá lugar os días 29 de febreiro, 21 de marzo, 25 de abril, 16 de maio, 6 e 27 de xuño, 18 de xullo e 8 e 29 de agosto.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A biblioteca do Vello Cárcere abre ao público con fondos para todas as idades