A Deputación apoia o traballo da produtora meirega Gaitafilmes

La Voz LUGO

LUGO

cedida

O presidente do organismo, José Tomé, e o representante da produtora, Andrés González, asinaron o xoves un convenio

02 feb 2020 . Actualizado a las 13:21 h.

A Deputación de Lugo apoia o novo traballo audiovisual da produtora meirega Gaitafilmes tras o éxito de Dhogs. O presidente do organismo, José Tomé, e o representante da produtora, Andrés González, asinaron o xoves un convenio polo cal a institución provincial axudará a financiar a longametraxe documental Welcome to ma maison, de Andrés Goteira. A Deputación achegará 30.000 euros, repartidos en dúas anualidades, para o filme, que narra as desventuras dun actor obsesionado coa filmografía do director dinamarqués Nicolas Winding e que decide afastarse do mundo da interpretación durante un tempo.