«Non hai restos óseos porque é unha zona moi húmida»

La Voz

Roberto Bartolomé Abraira é un dos arqueólogos de Engobe Arqueología que traballa nas escavacións, baixo a dirección de Adrián Folgueira Castro.

-¿Que importancia teñen as tumbas encontradas?

-Confirman a existencia dunha necrópole romana nesta zona da cidade, próxima a unha vía de saída, como ocorreu na zona de San Roque ou a estación de autobuses. O que descoñecemos é a dimensión que tería esta área funeraria.

-¿Atopáronse materiais?

-Non hai restos óseos porque é unha zona moi húmida e tampouco apareceron obxectos de relevancia. Só se atoparon algúns cravos da madeira dos ataúdes, lousas e tellas. Posiblemente estes materiais se leven para o museo cando rematen as escavacións.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Non hai restos óseos porque é unha zona moi húmida»