Premios da Federación de Comercio de Lugo a 44 lucenses

La Voz

LUGO

Óscar Cela

Entregáronse os galardóns dos concursos da campaña de Nadal, con case medio cento de gañadores

24 ene 2020 . Actualizado a las 20:14 h.

Hoxe venres,  no Vello Cárcere de Lugo, tivo lugar a entrega de premios da campaña de Nadal provincial que este ano denominouse «O comercio local tamén en Dixital», así como do Concurso de Postais do Nadal na capital lucense.

O acto contou coa asistencia da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o deputado de Promoción Económica, Pablo Rivera; o presidente da Federación de Comercio, José María Seijas; e a directora de zona de Abanca en Lugo, Itziar Puga. Tamén asistirá Pilar García Porto, deputada provincial e Mauricio Repetto Morbán, concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego.

Polo Concello tamén asistiron Ramón Carballo, voceiro do grupo municipal do PP, e os edís Felipe Rivas Jorge e María Cristina López Fernández do grupo municipal do BNG. Tamén acodiron presidentes e directivos das asociacións de comerciantes da provincia.

Óscar Cela

A campaña O Comercio Local tamén en Dixital neste Nadal tivo lugar entre o 6 de decembro e o 6 de xaneiro. Os consumidores participaron activamente, rexistrándose 34.440 tickets de compras realizadas nos comercios da provincia. O venres, 9 de xaneiro tivo lugar o sorteo ante notario e hoxe entregaranse os 10.000 euros en premios, repartidos en 20 tarxetas prepago de 300 e de 20 tarxetas prepago 200 euros, que deben ser utilizadas para volver a mercar no comercio de proximidade de Lugo e a súa provincia.

PREMIOS DE 300 EUROS

• Luz Divina López Toirán ? Sarria. • María Teresa Barrio Rego - Vilalba. • Ma Carmen Cabanas Pérez ? Mondoñedo • Osiris Santos Robles - Rábade. • Lucía Tourrón López - Lugo. • Luis Castro Veiga ? Sarria. • Ana Penalonga Castro ? Lugo. • Ma Elida Labrada Flores ? Lugo. • Alba Belén Ferreiro Margaride ? Lugo • Eugenio Gallego Pardo ? Sarria • Lucía Rego Vázquez ? Lugo • Cristina López Rodríguez ? Lugo • Carmen Vázquez Fernández ? Lugo • Beatriz Sixto ? Foz • Ángeles Villar Rodríguez ? Vilalba • Luz Ramallal García ? Lourenzá • Montserrat Rodríguez López ? Lugo • Antonio Casabella Pernas ? Viveiro • Maripaz Freire ? Vilalba • Rosa López Díaz ? Monforte

As compras realizáronse en Mercería Sarillo (Sarria), Maymar (Vilalba), Lencería, Hogar y Moda Elena (Mondoñedo), Confeccións Xempre (Rábade), Tobarix (Lugo), Senayo (Sarria), Centro Tejano (Lugo), Óptica Armañá (Lugo), Informática Calderón (Lugo), Joyería Díaz (Sarria), Moninadas (Lugo), Chupete (Lugo), Carnicería y Elaborados Pilarica (Lugo), Alma Libre (Foz), O Tenderete (Vilalba), Parafarmacia Conde Santo (Lourenzá), Librería Totem (Lugo), Óptica Casariego (Viveiro), As Nubes Moda (Vilalba), e Intima’s Lencería (Monforte de Lemos).

PREMIOS DE 200 EUROS

• Juan Antonio Novoa Martín ? Lugo • Érika Lovelle González - Chantada • Valentín Casas Pérez ? Covas (Viveiro) • Erlina Sabariz García - Lugo • Isabel Varela Silvarrey - Lugo • Noelia García Cabanas ? Sarria • Catia Fonseca ? Vilalba • Aida Valcárcel Rozas ? Sarria • Alicia Fernández García ? Lugo • María Dolores Vázquez Rodríguez ? Lugo • María Julia González Villamor ? Monforte de Lemos • Elvira Díaz Rubal ? Viveiro • Alba María Fernández Castedo ? Lugo • Manuel Fernández Crespo ? Foz • Mónica Pena Díaz ? Lugo • Emilia Pena Prieto ? Vilalba • Rosa Rodríguez García ? Monforte de Lemos • Dolores Larrea López ? Foz • María del Carmen Recalde Varela ? Lourenzá • María Isabel Costela Durán ? Taboada.

Óscar Cela

As compras realizáronse en Opticalia Callao C/Reina (Lugo), Óptica Parteme (Chantada), MYM Covas (Viveiro), Cortés Zapaterías (Lugo), Central Óptica (Lugo), Mercería Lucía (Sarria), Deportes Quintela (Vilalba), Vilamey Complementos (Sarria), La Hierbas (Lugo), Acivro Artesania (Lugo), Nayades (Monforte de Lemos), Óptica Rosario (Viveiro), Pekes (Lugo), Zapatería Carmen León (Foz), Miss Mariquita (Lugo), Casabedra (Vilalba), Calzados Aira (Monforte de Lemos), Kukadas (Foz), Suministros O Candado (Lourenzá) e Zapatería Alea (Taboada).

POSTAIS DE NADAL

Por outra parte, Dentro das actividades desenvolveuse tamén o concurso de postais de Nadal e as catro cativas gañadoras do mesmo recibirán o seu premio.

Por categorías de idade foron para: de 11 a 14 anos, Lucía Villar Varela; de 8 a 10 anos Saray Freijoo Corral; de 4 a 9 anos Vega Llenderrozos Rodríguez; de 0 a 3 anos Naiara Notario Yáñez. A entrega dos agasallos ás gañadoras tivo lugar sobre as 20.20 horas.

Todas estas campañas foron organizadas pola Deputación Provincial de Lugo, a Federación de Comercio, o Concello de Lugo, e coa colaboración de Abanca.