Hipócrita Teatro celebra «15 anos de moita merda»

Laura López LA VOZ

LUGO

O sábado 18 haberá unha gala solidaria en beneficio de Aspace Lugo

15 ene 2020 . Actualizado a las 10:58 h.

Sábado 18 • 20.00 horas • Auditorio Municipal Gustavo Freire (Lugo) • Entradas: 10 euros (destinados a Aspace-Lugo) • 

Hipócrita Teatro celebra «15 anos de moita merda» cunha gala solidaria en beneficio de Aspace Lugo (Asociación de Nais e Pais de menores afectados por Parálise Cerebral da provincia). O grupo de teatro afeccionado conmemora así o seu 15 aniversario este sábado con artistas, actores e cómicos de recoñecido prestixio, en colaboración coa área de Cultura da Deputación e do Concello.

A gala, que será presentada por Leandro Barea e David Alonso, contará coa actuación, entre outros, de Carta de Ajuste, Mago Teto, Matapiollos e El Retrete de Dorian Gray. Ademais, haberá unha exposición no vestíbulo do auditorio sobre a historia da compañía, e entregaranse os VI Hipopremios que recoñecen os espectáculos mellor valorados polo público do Local Hipócrita durante o 2019.

María José García, de Hipócrita Teatro, lembrou que este aniversario representa o traballo voluntario en prol do teatro de toda a xente que pasou pola asociación.