Tomé anuncia que a residencia de A Fonsagrada comenzará a funcionar a mediados de febreiro

LA VOZ LUGO

LUGO

MANUEL

O presidente da Deputación lembra que a residencia conta cunha superficie de 2.000 metros cadrados

15 ene 2020 . Actualizado a las 21:32 h.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, avanzou que o Centro de Atención a Maiores da Fonsagrada comezará a funcionar a mediados de febreiro. Díxoo durante a celebración da xornada de portas abertas organizada polo Organismo Provincial para mostrar á veciñanza do municipio e da comarca da Montaña unhas instalacións que contan con 28 prazas e que dará emprego a 25 persoas da zona. «Só quedan as valoracións finais dos 40 solicitantes das prazas para poder ver esta casa habitada», manifestou Tomé.

Tomé lembrou que a residencia conta cunha superficie de 2.000 metros cadrados distribuídos en tres andares e soto e para a súa construción, contou cunha dotación de mobiliario e equipamento cun orzamento de 2,37 millóns de euros. «Na planta baixa sitúanse os espazos comúns, como o comedor ou a sala de lectura e televisión, así como os servizos de enfermaría, cociña, lavandería... Na planta superior están as 14 habitacións dobres con baños», explicou o máximo responsable da Institución Provincial.

MANUEL

Ademais das instalacións, indicou Tomé, outro aspecto moi importante son as persoas que moverán o motor día a día para que todas estean ben. «A maior parte da xente que se incorpora a traballar no centro é desta zona, un factor moi importante, non só porque os usuarios e usuarias probablemente os coñezan, senón porque favorece que a xente nova se quede a vivir no rural grazas a un emprego estable».

Na xornada de portas abertas participou de feito parte do equipo que traballará no centro de maiores.

Os populares agardan que «este anuncio sexa o definitivo»

O viceportavoz do PP na Deputación, Javier Castiñeira, agarda que a Deputación cumpra as previsións anunciadas respecto a posta en funcionamento da residencia da terceira idade de A Fonsagrada tras ser inaugurada ata en tres ocasións e por tres presidentes diferentes. «Xa vai sendo hora de que fagan realidade a palabra dada nos últimos anos, pois do primeiro acto inaugural xa pasaron máis de catro anos, o que evidencia as liortas do PSOE as que provocaron que os usuarios aínda non puidesen entrar no centro», manifesta.

O popular denuncia que ao final son os veciños os que pagan as liortas políticas. «Pedimos rigor aos dirixentes da Deputación, agardando que este sexa o capítulo definitivo da residencia», conclúe.