Balseiro supervisa ás obras de restauración do cubo da Muralla

O delegado territorial da Xunta en Lugo visitou as obras de restauración


Lugo

O delegado territorial da Xunta en Lugo visitou as obras de restauración do cubo XXXI da Muralla de Lugo, situado á altura da rúa Clérigos.

Balseiro explicou que os traballos que está levando a cabo a Consellería de Cultura corrixirán a filtración de humidades e as patoloxías que provocou a acumulación de auga nos muros interiores neste punto. A actuación conta cun orzamento de 142.000 euros e o prazo máximo de execución será de dous meses.

Segundo indicou o popular, procederase á escavación manual arqueolóxica do adarve e a escaleira ata a cota orixinal romana, e á impermeabilización da estrutura para posteriormente repoñer en condicións óptimas os muros e petos. «Así mesmo, a intervención permitirá seguir afondando na investigación arqueolóxica do monumento e realizaranse catas coa finalidade de definir o trazado orixinal do cubo romano e documentarase a escaleira exhumada, incluíndo o levantamento topográfico e fotogrametría 3D», concluíu.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Balseiro supervisa ás obras de restauración do cubo da Muralla