Medio Rural envía unha carta aos gandeiros garantizando as axudas agroambientais deste ano

María Guntín
María Guntín LUGO / LA VOZ

LUGO

CARLOS CASTRO

Na mesma, solicítase aos profesionais datos de contacto sen dicir como serán tratados, o que pode vulnerar a Lei de Protección de Datos vixente

13 ene 2020 . Actualizado a las 16:17 h.

A Consellería de Medio Rural enviou unha carta a algunhas ganderías asegurando as axudas agroambientais deste 2020. Asimismo, na mesma, a Xunta asegura que «ata hai ben pouco houbo medios de comunicación e organizacións que aseguraron que estas axudas ían desaparecer en 2020, pero esta información non é veraz». Sen embargo, o subdirector do Fondo Galego de Garantía Araria asegurou nun acto en Meira hai uns meses que estas subvencións desaparecerían.

Na carta, Medio Rural pide aos profesionais do sector un enderezo de correo e un teléfono de contacto. Algo que podería vulnerar directamente a Lei de Protección de Datos vixente posto que non se informa do que se vai a facer cos datos nin onde se almacenan, así como si son susceptibles de compartirse con terceiros.