A Deputación renova o Parque Móbil con 12 vehículos para mellorar o mantemento das estradas

La Voz LUGO

LUGO

Cedida

Cunha inversión de case 182.000 euros adquiríronse nove turismos e tres todoterreo

21 dic 2019 . Actualizado a las 18:09 h.

A Deputación de Lugo renova o Parque Móbil con 12 novos vehículos para prestar así un mellor e máis eficiente servizo. O investimento achégase aos 182.000 euros e adquiríronse nove turismos e tres todoterreo, que xa son utilizados polos capataces de obra que traballan na área de Xestión Territorial para vixiar e manter a rede viaria provincial e asistir tamén aos concellos á hora de arranxar incidencias nas estradas municipais ou en obras de rehabilitación de firmes.

Estes novos vehículos substitúen a utilitarios que tiñan 12 anos e superaban os 400.000 kilómetros.