A Deputación cede ao Museo do Prado unha árbore de Nadal

La Voz LUGO

LUGO

Alberto Otero Herranz

O acto de presentación tivo lugar nunha das salas expositivas do centro

19 dic 2019 . Actualizado a las 23:16 h.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, xunto á Deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentou este mércores no Museo Nacional do Prado, en Madrid, a colaboración da institución provincial cos actos de celebración do Bicentenario da pinacoteca, que consiste na cesión ó museo da árbore de Nadal, un abeto procedente da provincia que lucirá na porta de Goya dende hoxe ata o vindeiro 10 de xaneiro.

O acto de presentación tivo lugar nunha das salas expositivas do Prado e contou coa presenza de Marina Chinchilla, directora adxunta de Administración, e de Guille García Hoz, artista responsable da decoración da árbore. José Tomé destacou a colaboración co Prado como “unha oportunidade excepcional para mostrar ao mundo a riqueza patrimonial da provincia”. Así, unhas 200.000 persoas achegaranse ao museo durante os 25 días nos que a árbore estará instalada, visitantes que ademais terán información de Lugo grazas ao material promocional que a Deputación terá no espazo museístico. A esta proxección, hai que engadir o gran impacto mediático desta actuación.

José Tomé destacou a colaboración co Prado como “unha oportunidade excepcional para mostrar ao mundo a riqueza patrimonial da provincia”. Así, unhas 200.000 persoas achegaranse ao museo durante os 25 días nos que a árbore estará instalada, visitantes que ademais terán información de Lugo grazas ao material promocional que a Deputación terá no espazo museístico. A esta proxección, hai que engadir o gran impacto mediático desta actuación.

“Esperamos que ao recibir aos visitantes, a beleza de este abeto se converta nun adecuado preludio da experiencia estética que encontrarán dentro do museo. E gustaríanos que, no momento da partida, o murmurio das súas ramas sirva non só de despedida, se non como invitación a prolongar a experiencia vivida nestas salas cunha visita á provincia de Lugo”, asegurou o Presidente.

Tomé puxo en valor que o Museo Nacional do Prado “soubo manter ao longo da súa historia unha política de colaboración xenerosa e intelixente, cedendo obras a outros museos e institucións do territorio, achegando así ao conxunto da cidadanía, dentro das obrigadas normas de seguridade e conservación, o inesgotable patrimonio que atesouran os seus fondos”.