Un proxecto para celebrar o aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

La Voz LUGO

LUGO

Carlos Castro

Luz Darriba presentou no Vello Cárcere a mostra Amurallando os Soños II, Cumulum 2000/2019

29 nov 2019 . Actualizado a las 13:40 h.

Luz Darriba presentou no Vello Cárcere a mostra Amurallando os Soños II, Cumulum 2000/2019, na que se poden ver un cento de fotos que amosan o proxecto Cumulum. Esta exposición inicia as actividades culturais organizadas pola área de Cultura, que dirixe Maite Ferreiro, para celebrar o XIX aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade. 

Ferreiro inaugurou xunto con Darriba a mostra, que ten alrededor de 100 fotografías que amosa moitos aspectos do proxecto. A exposición inicia as actividades organizadas pola área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua. Ademasis, o martes día tres de decembro, haberá unha mesa redonda que estará moderada polo vicealcalde, Rubén Arroxo. Será ás tres da tarde e contará con Blanca Rodríguez Pazos e Cándido Sánchez. Unha hora máis tarde, ás oito, Adolfo de Abel Vilela impartirá a conferencia El dilema histórico de la importancia de la Muralla como monumento.